Powered By Blogger

 Ola  de novo.  

Hoxe é sábado 5 de decembro  de  2020, xa  estamos cerca do Nadal. 

Esta semana estivemos a facer moitas cousiñas....

decoramos moito a nosa aula sobre Os Minions, pero eso será na próxima entrada do blog....sorpresa!!!

O pasado martes tivemos o acendido da árbore de Nadal do cole...foi emocionante esa conta atrás.


                   ACENDIDO DA ÁRBORE DE NADAL DO COLE








Pero,  tamén  colocamos a nosa chimenea e empezamos  a decorar a nosa árbore de Nadal con adorniños que fixemos na  clase con CDS...Vainos quedar chulísimo cando poñamos todo e as luces, xa veredes.

















Tamén estreamos o noso calendario de "advento", e o primeiro en abrilo  foi Nayat, xa que lle tocaba de encargado o martes día 1 de decembro. Xa empezamos a contar xuntos os días que quedan para o 25 de decembro, día de Nadal.


Como vedes, todo está a xirar arredor das películas dos Minions, xa que imos participar no concurso que convocou a biblioteca do cole: decorar a nosa aula arredor dunha temática de cine: "un curso de película". A verdade é que este está a ser un ano de película para todos, un pouco terrorífica.  Os personaxes dos Minions son divertidos, amigables, ocurrentes, moi tenros, e, sobre todo, son unha piña. Fan que o ambiente da nosa clase sexa divertido, ameno, agradable e amistoso, como os Minions. Cando esté rematado veredes o resultado. A ver se vos gusta.

Un saúdo. Vémonos o mércores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES