Powered By Blogger

SAMAÍN

 Sábado, 30 de outubro de 2021.

Durante esta semana celebramos a festa do Samaín. Seguro que xa sabedes que  Samaín e Halloween non son o mesmo. 

O Samaín ten que ver coa herencia celta de Galicia. Deriva da palabra gaélica "Sanhaim" que se traduce como "fin do verán" e designa á festa celta que conmemoraba o cambio de estación de verán a inverno, celebrando así o final da colleita.  Era o último día do ano segundo o calendario celta (31 de outubro ou "noite dos calacús" (cabazas). Esta era unha festa celta moi especial celebrada na madrugada do 31 de outubro ao 1 de novembro, a máis importante na Europa anterior ao cristianismo. Para os celtas, durante esta noite máxica había un tránsito da luz (verán) á escuridade (inverno) e abríanse as portas do máis alá, polo que, a través desa apertura, podían pasar os defuntos ao lado dos vivos. En Galicia é moi coñecida a tradición da procesión de espíritos coñecida como a "Santa Compaña". Tamén temos outras moitas tradicións e celebracións relacionadas cos espíritos, o lume e a auga: o magosto, a queimada e o seu conxuro, as ondas da fertilidade...

Esta milenaria festa celta foi caíndo no olvido coa chegada do cristianismo, pero en moitos pobos e aldeas galegas seguiuse a tradición de baleirar as cabazas, nabos, remolachas... e poñerlles dentro faroliños ou candeas para alumear os camiños escuros, ou disfrazarse con peles de animais para agocharse dos espíritos, etc. Dende hai algúns anos, téntase recuperar esta tradición propia da nosa terra en lugares donde xa estaba perdida, pero que segue vixente en moreas de pobos e aldeas dende hai séculos.

Con toda esta información, enténdese que a tradición celta de Galicia, igual que a de Irlanda, é moi anterior ao novo Halloween, que surxiu no século 18, por mor dos ingleses e irlandeses que exportaron estas tradicións cando emigraron en masa aos Estados Unidos. Así convertiuse en Halloween (All Hallows evening), moito máis comercial, fantástico e esaxerado pola influencia, sobre todo, do cine de Hollywood. 

Tamén me gustaría destacar a tradición mexicana do "día dos mortos", moi arraigada en todo o país. Para éles a morte é algo natural, que forma parte da vida e, durante esta "festa" celebran a vida e a morte, lembrando e honrando aos seus antepasados con altares e ofrendas.

No cole, lugar de tránsito e ponte entre a familia e a sociedade, tamén tratamos de que os nenos e nenas coñezan estas tradicións, que forman parte do noso vivir, sentir e da nosa cultura e que, non fai falla dicilo, os pequenos adoran.....e as profes tamén!!!

Nós decoramos a clase dun xeito sinxelo, aproveitando o traballo sobre os piratas: caveiras e esqueletes, cabazas....e fixemos unha receita cuxo ingrediente principal é a cabaza: MAGDALENAS DE CABAZA. Podedes facelas cos vosos nenos e nenas durante estes días festivos....dáselles moi ben!!!

Marisa gravounos durante a elaboración da receita, pero tivemos algunhas interrupcións durante o proceso, polo que son 2 videos, nos que salen todos facendo unha parte da receita. Un día de cociña un pouco accidentado, pero sairon as magdalenas, moi ricas por certo. 


Teño que dar as grazas á profe Neli, que nos prestou os seus moldes e, por suposto, a Marisa, que xa é a nosa paparazzi oficial. 


Estas son algunhas fotos do proceso de empaquetado das magdalenas e da decoración da clase. Por certo, todos viñan guapísimos e super felices disfrazados: de vampiros, de cabazas, de bruxiñas, piratas, esqueletes, de zombies, de policía, de anxiños....e a profe de "algo raro"
































   VIDEOS DA ELABORACIÓN DA RECEITA



Boa fin de semana e disfrutade moito do Samaín. 

Bicos e apertas para todos.


EXPOSICIÓN DE ÁNGEL E CATRINA. OS PULMÓNS

 Venres, 27 de outubro de 2021

Hoxe imos cunha nova exposición, a de Ángel e Catrina, que fixeron con materiais de refugallo uns pulmóns moi explicativos. Ambolos dous fixéronos cunha botella de plástico cortada como recipiente ou corpo, unhas palliñas representando a tráquea e os bronquios e uns globos vermellos a modo de pulmóns. 

O experimento consistía en encher os globos de aire para ver como se inflaban e desinflaban os pulmóns ao inspirar e espirar. Ángel tiña que soplar a palliña e Catrina, que puxo unha luva de goma na parte de abaixo, tirar un pouco da luva. 

Xeniais as explicacións e os experimentos. Aprendimos moitísimo. Parabéns aos dous, fixéstelo xenial.


Ata a próxima exposición....Disfrutade desta longa fin de semana. Unha aperta a todos



INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

 Mércores, 27 de outubro de 2021

Xa estamos eiquí de novo....non damos feito con tanto traballiño. Este martes 26, tocounos a visita á exposición da biblioteca do cole, que, como xa sabedes, trata sobre o "Camiño de Santiago" debido a que este ano 2021 é Ano Xacobeo. A profe Montse explicounos toda a exposición e os decorados, nos que participamos con algúns traballiños feitos na nosa clase: fixemos o Pelegrín e a Cunchiña, mascotas do Ano Xacobeo 1993 e do 2021, un peregrino co lema "Xuntos facemos camiño" e o cartel da entrada: "manual do bo peregrino". Gustounos moito e, cando entramos pola "Porta Santa", na entrada da biblioteca, vimos unha morea de cousas novas: un xogo co rato robot, puzles das mascotas, moitos libros novos, unha radio que imos estrear este ano....e un agasalliño chuche. Seguro que me olvido de algunha cousa.

A partir da semana que ven, empezaremos a levar libros de préstamo na nosa carpeta e a mochila viaxeira. Anotarei no horario da axenda o día de biblioteca.

Todo o material que vai, tanto na carpeta como na mochila debe ser coidado e devolto, para que todos-as poidamos disfrutar del.

 _ Mochila: cada semana un neno-a levará a mochila, que será devolta o día anotado na libretiña. É importante devolvela o día sinalado, para que o seguinte poida disfrutala tamén e que de tempo para que todos poidan levala á súa casa. Podedes ver todos os libros e videos en familia ou os que máis vos gusten. Na libreta podedes poñer cousas vosas sobre o Camiño: fotos, debuxos, novas ou fotos dunha revista, periódico....que logo compartiremos en clase. Tamén hai unha folla plastificada coas explicacións e co listado do material que leva a mochila. Se notades algo en falta ou que non funciona, tedes que avisarme para poder solucionalo.

_ A carpeta: será levada semanalmente con un libro de préstamo, que tamén teredes que coidar moito, non manchalo nin estragalo. Avisareivos do día que nos toca levar a carpeta, que tamén será o día que a tedes que traer de volta. Por exemplo, se a levan os luns, terán que devolvela o luns da seguinte semana. Se non traen de volta a carpeta, non poderán levar un novo libro.

Na carpeta irá pegado un código QR que vos dirixirá directamente ao blog da biblioteca. Nel poderedes ver novos videos, historias, propostas, xogos, retos, concursos...nos que podedes participar. Déixovos aquí tamén o código QR, que podedes ler co voso teléfono móbil ou tableta.

Así que.... a disfrutar da biblioteca do cole, que ofrece unha morea de posibilidades de divertimento e de aprendizaxe.

Agora un pequeno video sobre o noso primeiro día na biblioteca e logo o video da visita virtual que vos prometera, xa que os papás e mamás, de momento, non podedes entrar no cole. Espero que vos gusten moito. Unha aperta.

VIDEO PRIMEIRO DÍA NA BIBLIOTECA


VIDEO VISITA VIRTUAL DA EXPOSICIÓN



EXPOSICIÓN DE ALICIA: A REPRODUCIÓN

 Luns, 25 de outubro de 2021

Seguimos coas exposicións dos vosos proxectos. Nesta ocasión a de Alicia, que fixo coa axuda da súa familia un precioso e elaborado traballo sobre a reprodución: un útero con barriga de mamá incluída e cun bonito bebé dentro unido á súa mamá polo cordón umbilical, todo feito con plástilina e coa técnica do papel maché. Tamén o aparello reprodutor feminino con ovarios e óvulos e ata cos espermatozoides. Encantounos a todos e aprendimos moito. Moi ben Alicia!!!






Ata a próxima exposición!!

EXPOSICIÓN DE EMMA: OS SENTIDOS

 Mércores, 20 de outubro de 2021

Hoxe comezamos cos vosos proxectos de traballo sobre o corpo humano. 

Na clase estamos a facer un traballo sobre o corpo e os peques irán expoñendo a medida que vaiamos traballando os temas na clase e a relación destes co tema de cada proxecto.

Como estivemos a aprender cousas sobre os sentidos, empezamos con Emma, que fixo un libro chulísimo sobre "os sentidos dos piratas". Lástima que non poidamos ulilo, tocalo e probalo....e, como non, co seu gorro de pirata favorito, que luce a diario.

No libro de Emma aparecen os nosos 5 sentidos con exemplos de cada un deles: na vista puxo gomets de diferentes cores, no oído un cascabel, no gusto sal e azúcre, no olfato perfume e no tacto texturas.

Quedouche precioso, moooi bo traballo Emma!!!







          


 
VIDEO DA EXPOSICIÓN DE EMMA: LIBRO DOS SENTIDOS


Agora propóñovos que vexades estes videos sobre os 5 sentidos para reforzar o traballo que estamos facendo na clase. Irei poñendo outras suxerencias a medida que avancemos e tratemos temas novos.

LOS SENTIDOS (CAMALEÓN)



VIDEO DOS SENTIDOS PARA NENOS (SMILE AND LEARN)

 

CANCIÓN DOS 5 SENTIDOS

 

Vémonos pronto cunha nova exposición dos vosos proxectos.
Unha aperta


CAMIÑO DE SANTIAGO: CUNCHIÑA E PELEGRÍN

 Luns, 18 de outubro de 2021

Boas de novo. Aínda que seguimos a traballar aprendendo moito sobre "o corpo dos piratas", durante a semana pasada estivemos facendo cousiñas para decorar o cole, relacionadas co tema "xuntos facemos camiño" (Camiño de Santiago). Nós aprendimos cousas sobre os peregrinos e que levar na mochila se queremos facer o Camiño: Manual do bo peregrino. Tamén coñecimos as mascotas: o Pelegrín do ano 1993 e a Cunchiña do ano 2021. O Pelegrín está feito con goma eva, gamuza, papel e un pau. A Cunchiña de gamuza.

Temos o pracer de presentarvos ao noso peregrino, ao pelegrín e a Cunchiña que están xa expostos no edificio novo.

 Tentarei facer un video para que poidades facer unha visita virtual, porque paga a pena ver todo o traballo que fixemos dende o Equipo de Biblioteca para ambientar e ampliar a información sobre este tema tan interesante e actual, xa que este ano 2021 é Ano Xacobeo.




                          





Aquí van dous videos do proceso. Espero que vos gusten.


video montando as pezas do pelegrín



Video pintando o peregrino co lema deste curso: 
"xuntos facemos camiño"



Ata a próxima.




A NOSA ESTATURA. CANTO MEDIMOS?



Martes, 5 de outubro de 2021.

Continuamos coñecendo o noso corpo. Nesta ocasión estivemos a medirnos. Pedimos aos profes de Educación Física o seu medidor, que está xenial e mide de marabilla. Primeiro fixémolo na nosa xirafa medidora. A profe marcou unha liña na xirafa e despois puxemos o noso nome na marca. Logo encima do medidor de verdade e apuntamos a nosa medida en centímetros. Comparamos as medidas coas de 3 e de 4 anos, e vimos todo o que crecimos nestes 2 anos.
Outro día  comprobaremos o noso peso e o noso perímetro craneal.
















                      
























                    

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES