Mércores, 20 de outubro de 2021
Hoxe comezamos cos vosos proxectos de traballo sobre o corpo humano.
Na clase estamos a facer un traballo sobre o corpo e os peques irán expoñendo a medida que vaiamos traballando os temas na clase e a relación destes co tema de cada proxecto.
Como estivemos a aprender cousas sobre os sentidos, empezamos con Emma, que fixo un libro chulísimo sobre "os sentidos dos piratas". Lástima que non poidamos ulilo, tocalo e probalo....e, como non, co seu gorro de pirata favorito, que luce a diario.
No libro de Emma aparecen os nosos 5 sentidos con exemplos de cada un deles: na vista puxo gomets de diferentes cores, no oído un cascabel, no gusto sal e azúcre, no olfato perfume e no tacto texturas.
Quedouche precioso, moooi bo traballo Emma!!!
LOS SENTIDOS (CAMALEÓN)
Comentarios
Publicar un comentario