Sábado, 30 de outubro de 2021.
Durante esta semana celebramos a festa do Samaín. Seguro que xa sabedes que Samaín e Halloween non son o mesmo.
O Samaín ten que ver coa herencia celta de Galicia. Deriva da palabra gaélica "Sanhaim" que se traduce como "fin do verán" e designa á festa celta que conmemoraba o cambio de estación de verán a inverno, celebrando así o final da colleita. Era o último día do ano segundo o calendario celta (31 de outubro ou "noite dos calacús" (cabazas). Esta era unha festa celta moi especial celebrada na madrugada do 31 de outubro ao 1 de novembro, a máis importante na Europa anterior ao cristianismo. Para os celtas, durante esta noite máxica había un tránsito da luz (verán) á escuridade (inverno) e abríanse as portas do máis alá, polo que, a través desa apertura, podían pasar os defuntos ao lado dos vivos. En Galicia é moi coñecida a tradición da procesión de espíritos coñecida como a "Santa Compaña". Tamén temos outras moitas tradicións e celebracións relacionadas cos espíritos, o lume e a auga: o magosto, a queimada e o seu conxuro, as ondas da fertilidade...
Esta milenaria festa celta foi caíndo no olvido coa chegada do cristianismo, pero en moitos pobos e aldeas galegas seguiuse a tradición de baleirar as cabazas, nabos, remolachas... e poñerlles dentro faroliños ou candeas para alumear os camiños escuros, ou disfrazarse con peles de animais para agocharse dos espíritos, etc. Dende hai algúns anos, téntase recuperar esta tradición propia da nosa terra en lugares donde xa estaba perdida, pero que segue vixente en moreas de pobos e aldeas dende hai séculos.
Con toda esta información, enténdese que a tradición celta de Galicia, igual que a de Irlanda, é moi anterior ao novo Halloween, que surxiu no século 18, por mor dos ingleses e irlandeses que exportaron estas tradicións cando emigraron en masa aos Estados Unidos. Así convertiuse en Halloween (All Hallows evening), moito máis comercial, fantástico e esaxerado pola influencia, sobre todo, do cine de Hollywood.
Tamén me gustaría destacar a tradición mexicana do "día dos mortos", moi arraigada en todo o país. Para éles a morte é algo natural, que forma parte da vida e, durante esta "festa" celebran a vida e a morte, lembrando e honrando aos seus antepasados con altares e ofrendas.
No cole, lugar de tránsito e ponte entre a familia e a sociedade, tamén tratamos de que os nenos e nenas coñezan estas tradicións, que forman parte do noso vivir, sentir e da nosa cultura e que, non fai falla dicilo, os pequenos adoran.....e as profes tamén!!!
Nós decoramos a clase dun xeito sinxelo, aproveitando o traballo sobre os piratas: caveiras e esqueletes, cabazas....e fixemos unha receita cuxo ingrediente principal é a cabaza: MAGDALENAS DE CABAZA. Podedes facelas cos vosos nenos e nenas durante estes días festivos....dáselles moi ben!!!
Marisa gravounos durante a elaboración da receita, pero tivemos algunhas interrupcións durante o proceso, polo que son 2 videos, nos que salen todos facendo unha parte da receita. Un día de cociña un pouco accidentado, pero sairon as magdalenas, moi ricas por certo.
Teño que dar as grazas á profe Neli, que nos prestou os seus moldes e, por suposto, a Marisa, que xa é a nosa paparazzi oficial.
Estas son algunhas fotos do proceso de empaquetado das magdalenas e da decoración da clase. Por certo, todos viñan guapísimos e super felices disfrazados: de vampiros, de cabazas, de bruxiñas, piratas, esqueletes, de zombies, de policía, de anxiños....e a profe de "algo raro"
VIDEOS DA ELABORACIÓN DA RECEITA
Boa fin de semana e disfrutade moito do Samaín.
Bicos e apertas para todos.
Comentarios
Publicar un comentario