CAMIÑO DE SANTIAGO: CUNCHIÑA E PELEGRÍN

 Luns, 18 de outubro de 2021

Boas de novo. Aínda que seguimos a traballar aprendendo moito sobre "o corpo dos piratas", durante a semana pasada estivemos facendo cousiñas para decorar o cole, relacionadas co tema "xuntos facemos camiño" (Camiño de Santiago). Nós aprendimos cousas sobre os peregrinos e que levar na mochila se queremos facer o Camiño: Manual do bo peregrino. Tamén coñecimos as mascotas: o Pelegrín do ano 1993 e a Cunchiña do ano 2021. O Pelegrín está feito con goma eva, gamuza, papel e un pau. A Cunchiña de gamuza.

Temos o pracer de presentarvos ao noso peregrino, ao pelegrín e a Cunchiña que están xa expostos no edificio novo.

 Tentarei facer un video para que poidades facer unha visita virtual, porque paga a pena ver todo o traballo que fixemos dende o Equipo de Biblioteca para ambientar e ampliar a información sobre este tema tan interesante e actual, xa que este ano 2021 é Ano Xacobeo.




                          





Aquí van dous videos do proceso. Espero que vos gusten.


video montando as pezas do pelegrín



Video pintando o peregrino co lema deste curso: 
"xuntos facemos camiño"



Ata a próxima.




Comentarios