Powered By Blogger

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

 Mércores, 27 de outubro de 2021

Xa estamos eiquí de novo....non damos feito con tanto traballiño. Este martes 26, tocounos a visita á exposición da biblioteca do cole, que, como xa sabedes, trata sobre o "Camiño de Santiago" debido a que este ano 2021 é Ano Xacobeo. A profe Montse explicounos toda a exposición e os decorados, nos que participamos con algúns traballiños feitos na nosa clase: fixemos o Pelegrín e a Cunchiña, mascotas do Ano Xacobeo 1993 e do 2021, un peregrino co lema "Xuntos facemos camiño" e o cartel da entrada: "manual do bo peregrino". Gustounos moito e, cando entramos pola "Porta Santa", na entrada da biblioteca, vimos unha morea de cousas novas: un xogo co rato robot, puzles das mascotas, moitos libros novos, unha radio que imos estrear este ano....e un agasalliño chuche. Seguro que me olvido de algunha cousa.

A partir da semana que ven, empezaremos a levar libros de préstamo na nosa carpeta e a mochila viaxeira. Anotarei no horario da axenda o día de biblioteca.

Todo o material que vai, tanto na carpeta como na mochila debe ser coidado e devolto, para que todos-as poidamos disfrutar del.

 _ Mochila: cada semana un neno-a levará a mochila, que será devolta o día anotado na libretiña. É importante devolvela o día sinalado, para que o seguinte poida disfrutala tamén e que de tempo para que todos poidan levala á súa casa. Podedes ver todos os libros e videos en familia ou os que máis vos gusten. Na libreta podedes poñer cousas vosas sobre o Camiño: fotos, debuxos, novas ou fotos dunha revista, periódico....que logo compartiremos en clase. Tamén hai unha folla plastificada coas explicacións e co listado do material que leva a mochila. Se notades algo en falta ou que non funciona, tedes que avisarme para poder solucionalo.

_ A carpeta: será levada semanalmente con un libro de préstamo, que tamén teredes que coidar moito, non manchalo nin estragalo. Avisareivos do día que nos toca levar a carpeta, que tamén será o día que a tedes que traer de volta. Por exemplo, se a levan os luns, terán que devolvela o luns da seguinte semana. Se non traen de volta a carpeta, non poderán levar un novo libro.

Na carpeta irá pegado un código QR que vos dirixirá directamente ao blog da biblioteca. Nel poderedes ver novos videos, historias, propostas, xogos, retos, concursos...nos que podedes participar. Déixovos aquí tamén o código QR, que podedes ler co voso teléfono móbil ou tableta.

Así que.... a disfrutar da biblioteca do cole, que ofrece unha morea de posibilidades de divertimento e de aprendizaxe.

Agora un pequeno video sobre o noso primeiro día na biblioteca e logo o video da visita virtual que vos prometera, xa que os papás e mamás, de momento, non podedes entrar no cole. Espero que vos gusten moito. Unha aperta.

VIDEO PRIMEIRO DÍA NA BIBLIOTECA


VIDEO VISITA VIRTUAL DA EXPOSICIÓN



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES