TRABALLO PRIMEIRO TRIMESTRE: OS MINIONS
DESPEDIDA DO NOSO COMPI NAYAT
Decoración de Nadal
Luns, 14 de decembro de 2020
Póis hoxe, tamén temos unha sorpresa, xa estaba desexando ensinarvos a nosa decoración de Nadal: a nosa árbore e a nosa chimenea. A ver se vos gustan.
A ver se algunha gaña un dos premios do cole.
Moita sorte, meus campións e campionas.
Aniversario de Bruno
Ola de novo.
Hoxe, luns, 14 de decembro, celebramos outro aniversario, o de Bruno, que xa ten tamén 4 anos.
Agora xa tedes todos 4 anos, xa sodes super maiores.
Volvimos a sacar a nosa tartiña de 4 anos e a facer unha bonita coroa que decorou Bruno con unhas pegatinas moi chulas. Xa sabedes, e apagamos a vela no porche, por se acaso. Tamén lle cantamos o "cumpleaños feliz", de Parchís. E, por suposto, o tirón de orellas da sorte.
Tamén Bruno tivo o detalle de agasallarnos con unha bolsiña de chuches....con un selo. Gracias Bruno.
Agora o meu agasallo para Bruno, como sempre Tina e Tin
Xa non teremos outro aniversario ata o 2021, e xa cumpriredes.........5 anos.
Vémonos na seguinte entrada.
Un bicazo, como sempre.
Aniversario de Ángel
Boa tarde.
O mércores 9 de decembro celebramos o cumple do noso compi Ángel, que xa ten......4 anos.
Como estamos a facer este curso, fixemos unha bonita coroa, sacamos a nosa torta de "mentira", puxémoslle a veliña e cantamos o cumpreanos feliz e, para rematar 4 tironciños de orellas. Ángel invitounos a chuches, unhas chulísimas bolsiñas co nome de cada un, que él escribiu. Gracias Ángel.
E agora.....o teu agasallo...como sempre Tina y Tim
Ola de novo.
Hoxe é sábado 5 de decembro de 2020, xa estamos cerca do Nadal.
Esta semana estivemos a facer moitas cousiñas....
decoramos moito a nosa aula sobre Os Minions, pero eso será na próxima entrada do blog....sorpresa!!!
O pasado martes tivemos o acendido da árbore de Nadal do cole...foi emocionante esa conta atrás.
ACENDIDO DA ÁRBORE DE NADAL DO COLE
Pero, tamén colocamos a nosa chimenea e empezamos a decorar a nosa árbore de Nadal con adorniños que fixemos na clase con CDS...Vainos quedar chulísimo cando poñamos todo e as luces, xa veredes.
Tamén estreamos o noso calendario de "advento", e o primeiro en abrilo foi Nayat, xa que lle tocaba de encargado o martes día 1 de decembro. Xa empezamos a contar xuntos os días que quedan para o 25 de decembro, día de Nadal.
Como vedes, todo está a xirar arredor das películas dos Minions, xa que imos participar no concurso que convocou a biblioteca do cole: decorar a nosa aula arredor dunha temática de cine: "un curso de película". A verdade é que este está a ser un ano de película para todos, un pouco terrorífica. Os personaxes dos Minions son divertidos, amigables, ocurrentes, moi tenros, e, sobre todo, son unha piña. Fan que o ambiente da nosa clase sexa divertido, ameno, agradable e amistoso, como os Minions. Cando esté rematado veredes o resultado. A ver se vos gusta.
Un saúdo. Vémonos o mércores.
ÚLTIMA ENTRADA
HORTO NA CLASE: REMOLACHAS
Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...
ENTRADAS MÁIS POPULARES
-
Bos días, golfiños e golfiñas. Hoxe é martes 5 de maio, Santo Anxo. A lúa está en fase crecente, esto quere dicir que pronto estará che...
-
Boas tardes golfiñas e golfiños. Xa chegou a fin de curso, sen despedidas, sen festival....un pouco triste, pero o importante é que todos...
-
AGORA XA TOCAN AS SUXERENCIAS DE TRABALLO PARA SEMANA SANTA. ESPERO QUE VOS SIRVAN PARA PASAR O MELLOR POSIBLE O VOSO TEMPO. UN BICAZ...
-
Hoxe vouvos propoñer algunhas fichiñas sinxelas para que vaiades facendo esta semana. Moito ánimo e saúde. Espero as vosas ...