Powered By Blogger

PROXECTO "MUNDO PIRATA"

Luns, 11 de abril de 2022

Xa rematamos o proxecto do segundo trimestre sobre o "Mundo Pirata". Aquí vai unha presentación do que traballamos durante todo o trimestre. A música é "the final overthrow". Espero que vos guste. 

                                      


 
ROSQUIÑAS DE PASCUA

Tamén veremos o proceso de elaboración das rosquiñas de Pascua, que fixemos entre o xoves e o venres e, aínda que saíron un pouco duras, pasámolo sempre moi ben mesturando ingredientes, amasando e manchando as mans. 







CATALEXOS PIRATAS

Tamén fixemos uns catalexos piratas que nos servirán para ver moi lonxe. A música de fondo é de QUEEN, "living on my own".





BOLSAS PIRATAS

E así quedaron as nosas bolsas piratas para levar os traballiños deste trimestre. A verdade é que quedaron chulísimas.




Espero que pasedes unhas boas vacacións de Semana Santa e que vos sirvan para descansar un pouquiño e facer o que máis vos guste. Se queredes facer algo cos peques podedes ir a "Xogos" e xogar con eles. Tamén podedes visitar o blog da biblioteca, no que hai novas entradas e tamén xogos do camiño de Santiago.

Unha aperta para todas e todos.


AULA DE INFORMÁTICA, NOVOS XOGOS E RECONQUISTIÑA DOS COMPIS DE 4º

Domingo, 3 de abril de 2022

Xa estamos a rematar o segundo trimestre e temos moitas cousas por ensinar. O venres levaremos o proxecto que traballamos durante o trimestre e as notas.

AULA DE INFORMÁTICA

Empezamos a ir á aula de informática os xoves, e encántanos xogar e aprender cada un co seu computador. Aprendemos a manexar o rato, que nos costa bastante, pois estamos afeitos ás tabletas e aos móbiles. Tamén estamos aprendendo a apagalo de xeito correcto.


















Tamén temos algúns xogos novos na clase para reforzar e traballar a lectura, a motricidade fina e a creatividade. Están  aprendendo a ler de marabilla, pero algúns precisan practicar un pouco máis na formación de palabras con sílabas e podedes axudalos na casa. 
























A semana anterior foi a festa da Reconquista e, como tódolos anos os nenos e nenas de 4º de primaria van á Reconquistiña vestidos de antigos vigueses e con tambores para celebrar a festa. Antes de saír do cole pasaron por todo o patio a modo de pasarrúas para que todos poideramos admirar as súas vestimentas e o contentos que ían. Nós non puidemos ir, pero farémolo cando estemos en 4º. 

Esperámolos sentados no noso porche antes de entrar á clase pola mañá.


Aquí vai un video curtiño do seu paseo por diante da nosa clase.






ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES