Domingo, 3 de abril de 2022
Xa estamos a rematar o segundo trimestre e temos moitas cousas por ensinar. O venres levaremos o proxecto que traballamos durante o trimestre e as notas.
AULA DE INFORMÁTICA
Empezamos a ir á aula de informática os xoves, e encántanos xogar e aprender cada un co seu computador. Aprendemos a manexar o rato, que nos costa bastante, pois estamos afeitos ás tabletas e aos móbiles. Tamén estamos aprendendo a apagalo de xeito correcto.
Tamén temos algúns xogos novos na clase para reforzar e traballar a lectura, a motricidade fina e a creatividade. Están aprendendo a ler de marabilla, pero algúns precisan practicar un pouco máis na formación de palabras con sílabas e podedes axudalos na casa.
A semana anterior foi a festa da Reconquista e, como tódolos anos os nenos e nenas de 4º de primaria van á Reconquistiña vestidos de antigos vigueses e con tambores para celebrar a festa. Antes de saír do cole pasaron por todo o patio a modo de pasarrúas para que todos poideramos admirar as súas vestimentas e o contentos que ían. Nós non puidemos ir, pero farémolo cando estemos en 4º.
Comentarios
Publicar un comentario