Powered By Blogger

SOPRAMOS A PALLIÑA E FACEMOS POMPAS DE XABÓN

O derradeiro día antes das vacacións de Semana Santa fixemos unha divertida actividade de sopro.

Antes practicamos coa palliña e só auga no vaso: bebimos a auga inspirando e tamén sopramos para ver a diferencia entre inspirar e espirar. Cando xa aprendimos a facelo botamos unha pinguiña de xabón na auga e observamos a maxia do sopro: creamos a escuma que saía do vaso.

Os peques estaban entusiasmados e non paraban de falar, soprar, rir e berrar da emoción.

Ao rematar lavamos ben os vasos e secamos as mesas, que estaban cheas de escuma e auga.

Seguro que repetiremos.....




NA BUSCA DOS OVOS DE PASCUA

Antes das vacacións de Semana Santa e despois dun
duro traballo durante todo o trimestre, fixemos unha emocionante busca de oviños de Pascua agochados polo patio do cole.



En pequenos grupos foron buscando e logo gardando na cestiña os ovos que ían atopando.                                                                                     
Algúns non vían a hora de buscar e costoulles esperar o seu turno e ata algún esperou sentado nun banco a que os oviños o atoparan a él.



Cando rematamos o xogo, cada un levou un oviño para a casa, pero facía tanta calor que os que foron na             mochila ao comedor derretíronse (que mala pata).           
Eiquí van uns vídeos dos intrépidos parruliños na busca dos ovos de Pascua.


 








OBRADOIRO DE COCIÑA: IOGUR GREGO CON AMORODOS E BANANA

Xa estamos rematando o noso proxecto sobre Grecia e, como non, temos que facelo dun xeito gustoso e rico.

Na cociña grega hai múltiples pratos e produtos típicos moi sabrosos e temos que probalos: iogur grego, queixo feta, pan de pita grego, masa filo..

A nosa primeira receita leva Iogur grego natural e froitas: amorodos e banana

Antes de nada hai que lavar ben as mans, pois imos tratar con alimentos. 

Comezamos lavando os amorodos en abundante auga. Escurrimos ben e observamos todo o lixo que quedou na auga. Logo, cadaquen no seu pratiño e co seu coiteliño de madeira, cortaron en anaquiños 2 amorodos (algúns non puideron resistirse a comer os anaquiños e case non chegan ao iogur). Pelamos as bananas e cortamos anaquiños. Unha vez cortada toda a froita puxemos nos conquiños unha cullerada grande de iogur grego e, para os que quixeron, un pouquiño de azucre que mesturaron ben co iogur. Para rematar mesturamos froitas e iogur e....a comer!!!


























            VÍDEO DA DESGUSTACIÓN 


Haberá unha segunda receita, un pouquiño máis complexa e elaborada.....sorpresa!!

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Hoxe, 13 de marzo, celebramos o noso día de madriñas e padriños lectores. Os nosos amigos e amigas de 6º, que xa nos acompañaron na carreira solidaria da Paz en xaneiro, tamén quixeron pasar un ratiño connosco polo patio do cole. Con moita ilusión elixiron da biblioteca os nosos contos favoritos e montáronnos un inesquecible "contacontos". Algúns deles, aínda por encima fixéronnos agasallos. Nós, que somos moi agradecidos-as tamén lles fixemos un bonito marcapáxinas de corazóns.

Encantounos a experiencia e estamos desexando repetila moi pronto.

As imaxes mostran a felicidade e a boa onda que houbo durante esta media hora, tanto dos pequenos como dos grandes. Algúns estaban embargados pola emoción!!!







































SEMANA DA PRENSA: QUIOSCO

O mércores 6 de marzo montamos o noso quiosco de prensa no cole. 

Igual que todos os e as compis do cole fomos no noso horario a comprar os xornais Faro de Vigo a 1 €.












NOVAS MESAS SENSORIAIS E XOGOS INSPIRADOS EN GRECIA

 

Ola de novo.

Estamos experimentando con novos materiais nas nosas bandexas sensoriais e nos xogos de mesa. Tamén temos un novo panel para dar ordes aos nosos pequenos robots: o rato Olimpio e o robot Doc.

A area de cores é un elemento que lles encanta e que os leva a ter novas e relaxantes sensacións. 

Na nosa bandexa tuff xigante temos 3 novas bandexas: unha de area seca que tocan coas súas mans, recollen con culleres, con taciñas, peneiran, enterran dinosaurios pequenos... e 2 de area kinética caseira: area mesturada con fariña de millo, auga e deterxente da louza. Eiquí podemos experimentar como se fose area da praia e facer formas con ela. Tamén xogamos a mollala con botes pulverizadores e a recollela coas pequenas escavadoras. 

E, como lles encanta, continuamos coa bandexa de perlas de xel de moitas cores.














Os xogos de mesa, tamén feitos con diferentes materiais sensoriais, están relacionados co que estamos a aprender sobre Grecia, coa lóxico-matemática e coa lectoescritura e a aprendizaxe das vogais.

Caixa con area e as 5 vogais en pequeno enterradas. Temos que recollelas coas pinzas e colocalas na vogal grande correspondente.






Tarxetas con elementos sobre Grecia que teñen que contar e asociar co número e logo colocar os círculos de cores en cada número.









Novo xogo cos nosos robots, Olimpo e Doc, que lles encantan. Estamos aprendendo a familiarizarnos con eles e a manexalos dándolles ordes sinxelas. De momento imos pasiño a pasiño. Xogamos con un novo panel sobre Grecia con deidades e seres mitolóxicos, números e co noso alfabeto. Para xogar, ademais do queixo ou unha galleta e os robots, usamos as ruletas deste blog, unha de números ata o 10 e outra co abecedario. O xogo consiste en xirar a ruleta dos nomes para ver a quen lle toca xogar, logo a dos números para buscar o número do que partimos. Poñemos o robot no número que tocou e o queixo na primeira letra do noso nome. Logo temos que levar o robot dende o número ao destino que é a letra onde espera o queixo. Polo camiño podemos atoparnos con seres mitolóxicos como Hidra, serea, Cíclope, centauro ou pegasus, que nos mandarán superar algunha proba se queremos continuar.




























 

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES