Powered By Blogger

SEGUIMOS CON GRECIA

Seguimos a aprender moitas cousas sobre Grecia. Xa aprendimos que é un país de Europa, como é a súa bandeira, o seu animal nacional (a curuxa) e a súa árbore nacional (a oliveira). Pintamos as columnas que forman o partenón do mural grande e as columnas xigantes da porta da nosa clase.

Estamos a coñecer aos deuses, aos seres mitolóxicos e aos herois máis famosos. Fixemos ao Cíclope con pratos de cartón, ao cabalo alado de Zeus, Pegasus, e a Medusa. Tamén pintamos o cabalo de Troia que fixera de cartón a familia de Malik. Coñecimos a historia do cabalo de Troia e algunhas das fazañas de Ulises e Teseo.

                               CÍCLOPES









PINTAMOS O CABALO DE TROIA






DÚAS GRANDES COLUMNAS PARA A PORTA DA AULA









             COLUMNAS DO PARTENÓN












Xa temos rematada a decoración, tanto dentro da aula como fóra. 














Neste vídeo podedes ver as decoracións e murais e algunhas das actividades que estamos a facer. Espero que vos guste.


Este vídeo que vai a continuación é un resumo con imaxes e narración do que estamos a traballar. Tamén está no apartado de vídeos, música e cancións deste blog xunto con outros que estamos a ver na clase sobre Grecia (lateral dereito, páxinas do blog: vídeos, música e cancións) 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES