Antes das vacacións de Semana Santa e despois dun
duro traballo durante todo o trimestre, fixemos unha emocionante busca de oviños de Pascua agochados polo patio do cole.
En pequenos grupos foron buscando e logo gardando na cestiña os ovos que ían atopando.
Algúns non vían a hora de buscar e costoulles esperar o seu turno e ata algún esperou sentado nun banco a que os oviños o atoparan a él.
Cando rematamos o xogo, cada un levou un oviño para a casa, pero facía tanta calor que os que foron na mochila ao comedor derretíronse (que mala pata).
Eiquí van uns vídeos dos intrépidos parruliños na busca dos ovos de Pascua.
Comentarios
Publicar un comentario