Powered By Blogger

MERENDOLA E VACACIÓNS. ÚLTIMOS DÍAS DE CLASE

Martes, 22 de xuño de 2021

Xa chegamos ao fin deste curso, cansos, pero emocionados do ben que pasamos a pesar de todo.

Noraboa a todos-as polo voso traballo, implicación, comprensión, cariño....Estes peques comportáronse como uns campións, foron moi valentes e romperon todas as barreiras. Estou super orgullosa de todos.


Durante estas derradeiras semanas fixemos unha morea de cousas, tantas que non tiven tempo de subilas todas. Así que aproveito agora para ensinarvos todo en fotos. Para que vexades que traballamos un montón e que tamén nos divertimos unha barbaridade.

Comezamos.....

                         COMO ESTÁ O NOSO HORTO

Xa fomos moitas veces ao horto a ver as nosas pequenas verduriñas, que xa creceron porque as coidamos moito: limpamos malas herbas e pedras, regamos coas regadeiras, aboamos...e regamos coa mangueira. Pasámolo xenial nos días de calor con unha regadiña de auga fresquiña para os nosos corpos. 
























FIXEMOS BOTELLAS  DA  CALMA

fomos gardando as botelliñas de auga durante varios días e, cando tiñamos para todos, comezamos o traballo. Primeiro enchémolas con diferentes materiais: formas brillantes de moitas cores, pompóns, purpurina dourada...logo metimos glicerina líquida e auga ata enchelas. Por último peguei os tapóns ben con silicona quente para que non se abriran facilmente.




















PINTAMOS UN MURAL CON DEBUXOS  LIBRES ENTRE TODOS NUN CARTÓN ENORME

Reciclamos o cartón no que viña envolta a nosa nova Pizarra Dixital interactiva 



















   

                               











PINTAMOS O MANDILÓN DO PROFE DANI, QUE QUEDOU ENCANTADO CO MODELIÑO











QUE MÁIS, QUE MÁIS?....

      DISFRUTAMOS CON  XOGOS DE AUGA

XOGO DE PESCAR TAPÓNS CON CANA

        XOGO DE ENCHER CUBOS DE AUGA



















E, POR FIN.....A GRAN MERENDOLA!!!!!

Uns días antes escribimos na pizarra blanca unha lista do que queriamos comprar para a merendola. Tamén pensamos na decoración para a nosa festa: puxemos banderíns e globos de moitas cores no porche da entrada á nosa clase. Quedou moi bonito e alegre.

PATACAS FRITAS, GUSANITOS, ACEITUNAS, BOCADILLOS DE PAVO E CHOURIZO, PASTEL DE CHOCOLATE E ZUME DE LARANXA E DE PIÑA.






E  tamén pintamos as nosas bolsas coa remolacha, unha das nosas verduras favoritas. Na bolsa levamos todos os nosos traballos do trimestre e as notas.                                                            

                        VERDULEIROS



Isto é todo. Espero que pasedes unhas merecidas e felices vacacións de verán. 

Espérovos a todos e a todas en setembro. 

Moitos bicos e unha aperta enorme













































ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES