Powered By Blogger

DÍA EN APÍPOLIS


 Mércores, 2 de xuño de 2021

Xa case estamos a rematar o curso, xa falta moi pouquiño e estamos a apurar o traballo para ter pronto todo listo. 

O pasado xoves 27 de maio, tivemos un respiro neste curso tan complicado, visitamos apípolis encantados da vida e desexando correr, xogar e saltar, pero non só os nenos e nenas, tamén as profes. Foi un día moi emocionante e especial, que disfrutamos con moita intensidade e chegamos á casa esgotados.

A viaxe en bus foi tranquila e ninguén vomitou (gracias a Deus!!!). Todos estabamos super ledos cando chegamos e fixemos unha morea de actividades: fixemos galletas de mel, miramos o extractor de mel e xiramos a palanca para sacala por un tubiño e enchemos os nosos botiños de mel. Observamos un panal por dentro, coa súa cera, o mel e a xalea real e miramos como se lle saca o mel. Tamén aprendimos que as abellas fabrican o mel co néctar das flores e que comen  o polen e a mel que fabrican. Cada enxamio ten unha raíña á que todas as súas súbditas adoran e alimentan, e, ata lle limpan a caca!!!. Ás abellas non hai que terlles medo, hai que respectalas, pois son uns insectos moi importantes, tanto para a natureza como para a humanidade.

Con uns rectanguliños de cera tamén fixemos unha bonitas velas. Tamén nos ensinaron as colmeas por dentro a través dunha cristaleira e tivemos que buscar á raíña, que é máis grande cas outras e estaba marcada con un puntiño branco para que a poideramos atopar máis fácilmente.

Pero, sen dúbida, o máis emocionante foi vestirse de apicultor, pareciamos unha panda de astronautas.  Entramos nun lugar donde había colmeas e abellas soltas que voaban entre nós e ata se pousaban sobre o noso corpo e revoloteaban sen medo. Tiñamos máis medo nós, pero estabamos ben protexidos. 

Ao rematar os obradoiros xogamos e corremos xuntos polo campo e pasámolo xenial.

Aquí van algunhas fotos, non todas, pois hai case 200.


                  OBRADOIRO DE GALLETAS DE MEL



                                      RECEITA  DAS  GALLETAS 

 1:  700 GRAMOS DE FARIÑA

2:  300 GRAMOS DE MANTEIGA

3:  350 GRAMOS DE AZÚCRE (OU UN POUCO MENOS)

4:  3 OVOS

5:  3 CULLERADAS  DE MEL

6:  1  SOBRECIÑO DE LEVADURA EN PÓ

        

        MERENDA E DESCANSO PARA XOGAR 





































           OBRADOIRO  EXPLICATIVO E VISUAL








          OBRADOIRO: PROBAMOS O MEL E FACEMOS VELAS









               APICULTORES  POR UN DÍA













































Espero que vos gustara tanto como a min. Pronto iremos ao monte a pasar a mañá.  

Un bicazo 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES