Powered By Blogger

PLANTAMOS REMOLACHAS

 Xoves, 3 de xuño de 2021

Seguimos a facer pequenos obradoiros de verduras e hortalizas. Xa sementamos leitugas, pirixel, fabas e pepinos en macetas e tamén plantamos no horto: leitugas, pirixel, remolacha, pepinos e ata unha pataca. Nesta ocasión reusamos e decoramos como maceteiros botes de iogur dos grandes e plantamos REMOLACHAS (beets)

                             Imaxe procedente de www.huercasa.com


       
ALGÚNS DATOS SOBRE A NOSA PROTAGONISTA

A remolacha (BETA VULGARIS) é unha hortaliza da familia das queniopodiáceas (como a espinaca e a acelga) con unha raíz grosa e carnosa que se transforma en un tubérculo comestible. Hainas de cor vermella e brancas e emprégase para facer azúcre, pois é moi dóce e sabrosa. Ademáis de ser moi bonita e con unha preciosa cor rosada que mancha moito, ten moitas propiedades beneficiosas para a saúde: aporta minerais como ferro, iodo e potasio, ten ácido fólico, vitaminas C e do grupo B , antioxidantes e moita fibra. É moi boa para o noso corazón, para a vista e para o mellor funcionamento xeral do noso corpo. O seu sabor é dóce e un pouco terroso, é saudable, lixeira e saciante e....non engorda!!

O seu pigmento rosado tamén se emprega como colorante natural e en cosmética para facer maquillaxe, tintes, coretes, barras de pintar beizos. E.....unha curiosidade, moi curiosa: sabedes cal é o ingrediente principal da famosa torta red velvet?....pois imaxinade, claro!!!.... a remolacha.

         COMO PLANTAMOS AS NOSAS REMOLACHAS

Primeiro decoramos os nosos botes: nun rectángulo de papel grande fixemos debuxos libres e logo pintámolos. Logo pegamos o papel nos botes e encolamos para que brillara e quedara resistente e duradeiro. Deixamos secar de un día para o outro.

Hoxe fixemos buratiños na base dos botes para que non acumulen a auga ao regar e procedimos coa nosa plantación. Fomos por pequenos grupiños enchendo os nosos botes de terra con pás do areeiro e logo plantamos as pequenas remolachas con moito coidado, pois son moi delicadas. Apretamos un pouco a terra e logo regámolas un pouquiño. Agora toca coidalas a diario e ver como van crecendo día a día. Esperamos que todas prendan ben e que se fagan moi grandes.

Estas son as fotos do proceso:

                            

                                                




                                                       











                                          

































                                          Ata a próxima.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES