Powered By Blogger
O SAMAÍN Hola de novo. Aquí van as fotos do Samaín. Este ano vestímonos de monstros, zombis, bruxas e cousas que daban un pouco de medo. Tamén fixemos unhas arañiñas con chupachús e unhas caretas de caveira moi coloridas.....gústanos moito o Samaín..xa veredes os traballiños da clase. SAMAÍN on PhotoPeach
Hola de novo a todos e a todas. Neste novo curso que comezou xa estamos en 5 anos. Como pasa o tempo!!!! Empezamos a traballar coas regletas como ferramenta de aprendizaxe das matemáticas e do cálculo, aínda que tamén as empregamos para desenvolver a creatividade e o pensamento diverxente. Empezamos a coñecer as tregletas de cuissinaire xogando con elas e facendo construciións libres sobre unha cartulina de tamaño A4. Logo,a través de un conto que atopei na web e que me pareceu moi chulo para aprender e memorizar as regletas e a cor que representa cada número. A sorpresa foi que ao día seguinte os nenos-as xa sabían as cores e o número correspondente ao asocialo co obxeto (animal, verdura, froita...) do conto. Fixemos a escaleira de cores dende o 1 ata o 10. Seguimos a traballar con elas case a diario, sobre todo de un xeito manipulativo e intuitivo.

xogamos e aprendemos coas regletas

REGLETAS DO 1 AO 10
Déixovos aquí un enlace que me parece moi interesante, pois é unha páxina que contén moitísimos xogos, actividades, videos e información para vós e para os vosos fillos-as. Podedes entrar de cando en vez durante o verán. A páxina é "tudiskoverykids". Xa veredes como vos vai gustar. Os nenos xa a coñecen.

Bom Bom CHIP. CLIP TOMA FRUTA

HOLA DE NOVO. COMO XA SABEDES, NESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR AS FROITAS E AS VERDURAS. ESTE PROXECTO DE TRABALLO SURXIU A PARTIR DE UNHA SERIE INFANTIL DE DISNEY CHANEL TITULADA "A COMER". AOS NENOS ENCÁNTALLES E A MIN TAMÉN, PORQUE PRESENTA DUNHA FORMA DIVERTIDA E AMENA DIFERENTES FROITAS, VERDURAS E HORTALIZAS, EN FORMA DE PERSONAXES ANIMADOS E CADA CAL COAS SÚAS CARACTERÍSTICAS PROPIAS. OS NENOS VISIONAN EN CADA CAPÍTULO UN PERSONAXE E AO FINAL FANSE 3 PREGUNTAS QUE OS NENOS-AS TEÑEN QUE RESPOSTAR...E CASE SEMPRE ACERTAN. DÉIXOVOS UN ENLACE PARA QUE OS VEXADES CON ELES NA CASA. TAMÉN ESTAMOS A APRENDER UNHA CANCIÓN DE BOM-BOM CHIP TITULADA "TOMA FRUTA". TAMÉN VOLA DEIXO PARA QUE A CANTEDES CON ELES NA CASA...ENCÁNTALLES.

Disney Junior España | ¡A comer! - Lechuga

Por fin chegou tan desexado día: "O Día do Libro"
Estabamos desexando saber quenes eran os nosos padriños e madriñas...lectores. Os maiores e os pequenos estaban emocionados.
Un día viñeron a visitarnos para coñecer aos seus afillados e afilladas. Estabamos moi contentos e eles tamén. Preguntaron o libro que nos gustaría para lernos o día do Libro.
O 23 de abril chegou o momento. Cada padriño ocupouse un ratiño, durante a hora de ler, do seu afillado. Todos saíron ao patio e elixiron o lugar que máis lles gustou para pasar un rato divertido e.....MOI BONITO.  Todos estaban moi contentos e orgullosos. Estas fotos así o demostran.
AH!!! Os afillados fixeron uns marcapáxinas persoalizados para agasallar aos seus orgullosos padriños.
A NOSA OBRA DE ARTE: "O ARCO DA VELLA DO TEITO"
Durante todo o trimestre deseñamos, debuxamos e pintamos un gran mural...ao noso estilo surrealista. Tamén estamos a traballar diferentes pintores, correntes, estilos, materiais e técnicas pictóricas. O noso mural fixémolo con pinceis de distintos grosores e durezas e con témpera líquida. Pensamos que nos quedou increíble, moi corido e co noso propio estilo...o de todos e todas. Xulgade por vos mesmos...a ver que vos parece. A ver se conseguimos que sexa un Van Gogh, un Picasso... O máis importante é que o fixemos nós e que disfrutamos moito facendo día a día a nosa gran Obra. Ah, aceptamos propostas de títulos para a nosa creación.
SEMANA DA PAZ O PRIMEIRO DÍA DA SEMANA FOI NOMEADO
O DÍA DAS APERTAS...DE BALDE
. OS DE 4 ANOS A E B DÉMONOS APERTAS CON MOITO CARIÑO...PORQUE TODOS SOMOS AMIGOS. APRENDIMOS UNHA CANTIGA DE MAINIÑAS "XIRA QUE XIRA" O NOSO LEMA É:
CON MIL CORES E ALEGRÍA PINTAMOS A PAZ CADA DÍA
CON MIL CORES E ALEGRÍA, PINTAMOS A PAZ CADA DÍA on PhotoPeach

CHEGOU O NADAL

NO NADAL...FIXEMOS UN MONTÓN DE COUSAS. O ÚLTIMO DÍA CANTAMOS E BAILAMOS A NOSA PANXOLIÑA, PICAMOS ALGO E RECIBIMOS A VISITA DO CARTEIRO REAL. NO NADAL CANTAMOS, BAILAMOS, SALTAMOS... on PhotoPeach

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES