HOLA DE NOVO. COMO XA SABEDES, NESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR AS FROITAS E AS VERDURAS. ESTE PROXECTO DE TRABALLO SURXIU A PARTIR DE UNHA SERIE INFANTIL DE DISNEY CHANEL TITULADA "A COMER". AOS NENOS ENCÁNTALLES E A MIN TAMÉN, PORQUE PRESENTA DUNHA FORMA DIVERTIDA E AMENA DIFERENTES FROITAS, VERDURAS E HORTALIZAS, EN FORMA DE PERSONAXES ANIMADOS E CADA CAL COAS SÚAS CARACTERÍSTICAS PROPIAS. OS NENOS VISIONAN EN CADA CAPÍTULO UN PERSONAXE E AO FINAL FANSE 3 PREGUNTAS QUE OS NENOS-AS TEÑEN QUE RESPOSTAR...E CASE SEMPRE ACERTAN. DÉIXOVOS UN ENLACE PARA QUE OS VEXADES CON ELES NA CASA. TAMÉN ESTAMOS A APRENDER UNHA CANCIÓN DE BOM-BOM CHIP TITULADA "TOMA FRUTA". TAMÉN VOLA DEIXO PARA QUE A CANTEDES CON ELES NA CASA...ENCÁNTALLES.

Comentarios