Por fin chegou tan desexado día: "O Día do Libro"
Estabamos desexando saber quenes eran os nosos padriños e madriñas...lectores. Os maiores e os pequenos estaban emocionados.
Un día viñeron a visitarnos para coñecer aos seus afillados e afilladas. Estabamos moi contentos e eles tamén. Preguntaron o libro que nos gustaría para lernos o día do Libro.
O 23 de abril chegou o momento. Cada padriño ocupouse un ratiño, durante a hora de ler, do seu afillado. Todos saíron ao patio e elixiron o lugar que máis lles gustou para pasar un rato divertido e.....MOI BONITO.  Todos estaban moi contentos e orgullosos. Estas fotos así o demostran.
AH!!! Os afillados fixeron uns marcapáxinas persoalizados para agasallar aos seus orgullosos padriños.

Comentarios