Hola de novo a todos e a todas.
Neste novo curso que comezou xa estamos en 5 anos. Como pasa o tempo!!!!
Empezamos a traballar coas regletas como ferramenta de aprendizaxe das matemáticas e do cálculo, aínda que tamén as empregamos para desenvolver a creatividade e o pensamento diverxente.
Empezamos a coñecer as tregletas de cuissinaire xogando con elas e facendo construciións libres sobre unha cartulina de tamaño A4. Logo,a través de un conto que atopei na web e que me pareceu moi chulo para aprender e memorizar as regletas e a cor que representa cada número. A sorpresa foi que ao día seguinte os nenos-as xa sabían as cores e o número correspondente ao asocialo co obxeto (animal, verdura, froita...) do conto. Fixemos a escaleira de cores dende o 1 ata o 10. Seguimos a traballar con elas case a diario, sobre todo de un xeito manipulativo e intuitivo.
Comentarios
Publicar un comentario