Powered By Blogger

GRADUACIÓN E DESPEDIDA

Venres, 24 de xuño de 2022, San Xoán

O mércores, 22 de xuño de 2022, chegamos ao final desta etapa, un ata logo, non un adeus...porque sempre estaremos na mente e no corazón das persoas coas que compartimos bos momentos, experiencias e aprendizaxes.

Nesta entrada comparto convosco algúns momentos da graduación, celebrada o luns 20 de xuño de 2022, que espero que vos gustara moito. 

Antes de nada, quero agradecer á miñas compis Marisa e Neli, toda a axuda que me regalaron, sen elas non sería posible facer tanto en tan pouco tempo. Tamén ás que me acompañaron durante o proceso e axudaron sen pedirllo. Gracias compis!!!

Todo o material que comparto aquí é voso, xa que eu non tiven ocasión de tomar fotos nin videos. Falta Ana, pois leva varios días maliña, unha mágoa.













































Agasallos para vos

Preciosos agasallos para min






E agora videos dos momentos da entrega de diplomas...lembrade que son videos vosos e inclúen conversacións de fondo.



Tamén quero lembrar ao noso ex compi Nayat, que segue lembrándose moito de todos e nos enviou un pequeno video da súa graduación en Estepona. Gracias Nayat e Andrea. Un bico enorme.

Nós tampouco vos olvidamos. 


Adico esta liña para lembrar aos peques que tamén foron golfiños, pero que, por circunstancias da vida, tiveron que marchar de Vigo e do noso cole. Un bico e unha aperta enorme para Jose e Salomé, que tampouco os olvidamos.

Durante estes 3 cursos, tan duros para todos-as, debido á pandemia e ás súas consecuencias e, máis para estes peques aos que lles tocou de cheo, tratamos de normalizar e facer o mellor posible a nosa tarefa de compartir experiencias, aprendizaxes e convivencia. Aínda así, estes valentes pequerrechos foron capaces de lidiar con todo, sufrir os confinamentos, os cubrebocas durante longas horas, as restriccións, falta de relación cos demais alumnos-as do cole nos patios e en tódalas actividades, anulación de moitas actividades que se facían e deixaron de facerse, grupos burbulla, pasar frío no inverno con tanta ventilación, medo e inseguridade por non saber que pasaría, a falta de socialización e de experiencias naturais nestas idades...en fin, xa sabedes. Pero supoño que na súa memoria quedarán os bos momentos, que foron poucos, alomenos ao principio da pandemia. O mellor é que estes pequerrechos sempre son capaces de ver máis aló porque non teñen tanto medo como os maiores, e precisamente eso permítelles ser máis felices e ver o positivo do negativo.

Espero ter dado todo o posible para mellorar a súa vida e a vosa tamén. Quero agradecervos a comprensión e saber estar nos momentos máis duros, como cando tiveron que levar cubrebocas na clase aínda que non era obligatorio aos menores de 6 anos e ninguén se opuxo a esta decisión, ser capaces de empatizar cos profes e o persoal do cole cando foi necesario, soportar a falta de actividades comúns, visitas e excursións, o non poder entrar ao cole cos vosos fillos-as e moitas cousas máis que tiveron que facerse polo ben común.

Supoño que ésta será a derradeira entrada neste blog para este precioso grupo co que tiven a sorte de pasar estes momentos que quedarán para sempre na miña mente, pois foron raros e duros, pero ao mesmo tempo bonitos, diferentes, máis creativos e de moitísimas novas aprendizaxes para min e supoño que para todos os mestres e mestras do mundo.

Espero que non me olvidedes nunca e que saibades que sempre que me necesitedes e estea na miña man, podedes contar comigo. Foi un pracer compartir convosco estes 3 anos das vosas fillas e fillos.

FIN DE CURSO



                                     

Venres, 24 de xuño de 2022

O mércores, derradeiro día de clase deste curso, adicamos a mañá a preparar os traballos do trimestre para levar á casa e as bolsas de papel para transportalos. Empezamos decorando libremente as bolsas con témpera sólida. Cada peque deixou volar a súa imaxinación e os resultados foron incribles, quedaron unhas bolsas preciosas, super creativas e cheas de cor.



                          












Logo metimos dentro das bolsas o traballo do trimestre, sobre o camiño de Santiago e a aprendizaxe da lectoescritura:  "o camiño da lectura". As portadas son unha réplica en pequeno do mural que fixemos entre todos-as, agora pintado e decorado de xeito individual. Así quedaron as portadas e a contraportada.




















Tamén fixemos unha merendola no patio cos compis dos outros cursos de infantil. 








Ata brindamos con auga e refrescos. Mirade o video do brindis, con momentos de facer pis e outros divertidos.



Unha mañá completiña...




ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES