Powered By Blogger

SAÍDA AO VIXIADOR

 Mércores, 15 de xuño de 2022

Esto xa remata. Estamos contentos porque xa remata o curso e veñen esas merecidas vacacións, pero, ao mesmo tempo, bastante tristes porque pasamos a primaria e empezamos unha nova etapa nas nosas vidas.

Acércase a graduación, as derradeiras notas de infantil, a despedida do verán....buf, demasiadas emocións.

A de hoxe foi a nosa última excursión. Pasámolo moi ben e tivemos un día estupendo para estar no monte.

Primeiro fixemos unha boa camiñata polos sendeiros do monte, chegamos a unha poza chea de rás que croaban sen parar pero non se deixaron ver. Polo camiño atopamos unha morea de cogomelos, flores de castiñeiro que nos encantaron, castañas resecas e moitísimas follas secas acumuladas. Logo cruzamos unha ponte de madeira e pasmos ao outro lado do regato, seguimos o camiño máis longo e chegamos á carreteira sen perdernos. Merendamos nas mesas de pedra, xogamos con cordas, balóns e discos de lanzar. Para refrescarnos tomamos un xeado de nata e chocolate e xogamos un pouco máis. Pero a mañá fíxose curta e tivemos que volvernos para o cole.

En fín, pasámolo xenial en boa compañía.





























Aquí vai un video das fotos que fomos tomando polo camiño.



Vémonos o luns pola tarde na festa da graduación



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES