Venres, 24 de xuño de 2022
O mércores, derradeiro día de clase deste curso, adicamos a mañá a preparar os traballos do trimestre para levar á casa e as bolsas de papel para transportalos. Empezamos decorando libremente as bolsas con témpera sólida. Cada peque deixou volar a súa imaxinación e os resultados foron incribles, quedaron unhas bolsas preciosas, super creativas e cheas de cor.
Logo metimos dentro das bolsas o traballo do trimestre, sobre o camiño de Santiago e a aprendizaxe da lectoescritura: "o camiño da lectura". As portadas son unha réplica en pequeno do mural que fixemos entre todos-as, agora pintado e decorado de xeito individual. Así quedaron as portadas e a contraportada.
Tamén fixemos unha merendola no patio cos compis dos outros cursos de infantil.
Unha mañá completiña...
Comentarios
Publicar un comentario