Powered By Blogger

IV MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS E VISITA DE OS BIOSBARDOS

A biblioteca do cole organizou o IV Mercado solidario de libros: troco de comidas e produtos de hixiene para animais e persoas por libros. Todo o recollido será para dúas entidades que se adican a axudar: o banco de alimentos de Vigo e a protectora de animais os biosbardos de Ponteareas.

Os días previos ao Mercado colaboramos no mural que presidía o Mercado. Fixemos debuxos sobre a familia e os maiores fixeron carteis anunciando o mercado. O mural quedou así:


Para ter máis información do que fan cada día e da axuda 
que precisan viñeron a visitarnos ao cole. O mércores dúas voluntarias da protectora os biosbardos, viñeron visitarnos xunto con unha preciosa e tranquila amiguiña, unha cadeliña chamada Marlene, que foi atopada no meonte esfameada cos seus bebés recén nacidos. É moi boa e agradecida, estivo todo o tempo tranquiliña e deixouse acariñar por todos...   
                    
Contáronnos unha morea de cousas sobre o que fan cos cans e gatos que atopan polas rúas e abandoados á súa sorte. Hai xente que compra un cachorro e terminan deixándoo tirado e só porque lles rompen o sofá, as zapatillas e cousas da casa ou, porque van de vacacións e non poden levalos, ou porque ao crecer fanse moi grandes...Tamén hai persoas que recollen a todos os animais que atopan na rúa, e ao final, teñen tantos que non poden coidalos ben: pasan fame, enferman, teñen        pulgas....                                                                                                          

Cando nos facemos cargo dun animal temos que comprometernos a coidalo e a educalo. As protectoras están cheas e precisan recursos: comida, camiñas, hixiénicos, veterinarios...

Ademais de visitarnos a protectora, tamén recibimos aos representantes do banco de alimentos, que fixeron unha charla aos maiores do cole.

Estas son as imaxes da charla da protectora de animais:


















Se queredes máis información de ámbalas dúas entidades, déixovos aquí os códigos QR que enlazan ás súas páxinas web.




IV  FEIRA DO LIBRO

O venres 17 chegou o día sinalado e fomos baixando a ver a exposición de libros, a levar o que trouxemos para colaborar e trocar. Foi un exitazo, xa que a maioría das familias donastes unha morea de cousas. Moitas grazas a todos-as.

Todos levaron os libros que máis lles gustaron. Aquí van as fotos do troco na feira.



































No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES