Venres, 24 de xuño de 2022, San Xoán
O mércores, 22 de xuño de 2022, chegamos ao final desta etapa, un ata logo, non un adeus...porque sempre estaremos na mente e no corazón das persoas coas que compartimos bos momentos, experiencias e aprendizaxes.
Nesta entrada comparto convosco algúns momentos da graduación, celebrada o luns 20 de xuño de 2022, que espero que vos gustara moito.
Antes de nada, quero agradecer á miñas compis Marisa e Neli, toda a axuda que me regalaron, sen elas non sería posible facer tanto en tan pouco tempo. Tamén ás que me acompañaron durante o proceso e axudaron sen pedirllo. Gracias compis!!!
Todo o material que comparto aquí é voso, xa que eu non tiven ocasión de tomar fotos nin videos. Falta Ana, pois leva varios días maliña, unha mágoa.
Preciosos agasallos para min
E agora videos dos momentos da entrega de diplomas...lembrade que son videos vosos e inclúen conversacións de fondo.
Tamén quero lembrar ao noso ex compi Nayat, que segue lembrándose moito de todos e nos enviou un pequeno video da súa graduación en Estepona. Gracias Nayat e Andrea. Un bico enorme.
Nós tampouco vos olvidamos.
Espero ter dado todo o posible para mellorar a súa vida e a vosa tamén. Quero agradecervos a comprensión e saber estar nos momentos máis duros, como cando tiveron que levar cubrebocas na clase aínda que non era obligatorio aos menores de 6 anos e ninguén se opuxo a esta decisión, ser capaces de empatizar cos profes e o persoal do cole cando foi necesario, soportar a falta de actividades comúns, visitas e excursións, o non poder entrar ao cole cos vosos fillos-as e moitas cousas máis que tiveron que facerse polo ben común.
Supoño que ésta será a derradeira entrada neste blog para este precioso grupo co que tiven a sorte de pasar estes momentos que quedarán para sempre na miña mente, pois foron raros e duros, pero ao mesmo tempo bonitos, diferentes, máis creativos e de moitísimas novas aprendizaxes para min e supoño que para todos os mestres e mestras do mundo.
Espero que non me olvidedes nunca e que saibades que sempre que me necesitedes e estea na miña man, podedes contar comigo. Foi un pracer compartir convosco estes 3 anos das vosas fillas e fillos.
Comentarios
Publicar un comentario