Powered By Blogger

EXCURSIÓN A SAN SIMÓN

Venres, 3 de xuño de 2022.

Aquí vai a entrada da nosa última excursión....á illa de San Simón e ao Museo Meirande de Rande.

Pasámolo de marabilla, sobre todo nas viaxes no barco. Un bus levounos ata o porto de Vigo, alí esperamos un ratiño polo barco e, cando chegou emocionámonos moito. Pasamos pola pasarela do peirao e subimos ao barco con axuda da tripulación. Unha vez embarcados comezou a nosa aventura máis divertida. Navegamos pola Ría de Vigo rumbo ao Museo Meirande: pasamos polas bateas dos mexilóns e pouco a pouco iamos achegándonos á Ponte de Rande. Canto máis cerca, máis grande parecía. Ao chegar vimos que é enorme. Cando pasamos por debaixo del, pechamos os ollos e pedimos un desexo. Pronto abrimos os ollos e descubrimos a grandeza deste xigante, que parece pequeno dende lonxe. 

No museo Meirande vimos unha morea de cousas sobre os galeóns de Rande, o seu afundimento, os tesouros, a historia do corsario Francis Drake e outros piratas que pasaron por estas terras. Había escafandras de verdade, 2 canóns reais que parecían 10 ou máis (polos espellos que nos enganaban), maquetas de barcos, réplicas dos camarotes, do comedor....a visita foi moi interesante.

Ao rematar volvimos embarcar e fomos rumbo ao noso destino: a illa de San Simón. Pareciamos piratas de verdade, rumbo á nosa illa do tesouro. Na illa descubrimos os seus muros fortaleza, as árbores xigantescas, a ponte que une a illa coa súa compañeira San Antón, o paseo dos buxos e moitas cousas máis.

Para rematar xogamos na illa e pasámolo xenial, pero acabamos esgotados con tanta viaxe e coa calor infernal que facía ese día. 

Un día inolvidable que quedará na nosa memoria.








Aquí poño algunhas fotos, pero foron tantas....No usb poreivos todas.

                            ESPERANDO POLO BARCO NO PEIRAO








VIAXE NO BARCO: IDA




                                 



                                    NO MUSEO MEIRANDE





















                   ILLA DE SAN SIMÓN



































                                        VOLTA A CASA









A próxima.....Parque forestal do Vixiador

Vémonos pronto

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES