Powered By Blogger

                                 Proxecto de traballo: 

              "VIGO. QUE  MARABILLA"
 Durante  o  primeiro  trimestre  fixemos  un bonito  proxecto de traballo no que  aprendimos  algunhas  cousas  sobre  a nosa  cidade, Vigo.  Comenzamos  buscando e  elixindo  a estatua  ou  monumento que  máis  nos  gustaba  a cada  un. Con papá  e  mamá  visitamos  ese monumento e  fixemos  unha  bonita  foto nel. Logo  buscamos  algunha  información sobre  o noso elixido: como se  chama, donde  está situado, quen  o  fixo,  de que material está feito, en  que  data  foi  creado e  que  representa.  Logo,  xa na  clase  vimos  tódalas  fotos e  cada  un  explicounos  o que  aprendeu  do seu monumento, buscamos  máis  información  por internet e logo  elaboramos  as  fichas sobre cada un. Qauedounos  un libro  moi  bonito  coas nosas estatuas favoritas. Tamén aprendimos  cousas  sobre Vigo:  donde está  Vigo,  como son a súa  bandeira e o seu escudo, as  praias e montes, algunhas rúas. Aprendimos quen  son os que fan esculturas e monumentos e que materiais e ferramentas  empregan. Gustounos moitísimo aprender cousas sobre Vigo e os seus monumentos.
Esperamos que vos guste o noso traballo. A nós  encantounos.

























 


                       CARTAS  DE  AMOR  E  AMISTADE



En  febreiro  convocouse,  como tódolos  anos no cole, o concurso  de  cartas  de amor e amistade. Na  nosa  clase participamos  todos.as- Cada un  escribiulle  unhas palabriñas  a algunha persoa querida:  ao mellor  amigo ou amiga,  a mamá ou papá, ao  irmán  ou  irmá....Tamén fixemos uns bonitos  debuxos. Cando rematamos metimos  cada un a súa  carta no  buzón do  corazón  grande de Cupido, na entrada da nosa  biblioteca.  Os  gañadores  recibiron un bonito  agasallo. As cartas  gañadoras  da nosa clase foron  as  de Diego e de Vega. Parabéns  aos gañadores e tamén a  tódolos participantes.







                                     





COCIÑANDO  AREPAS VENEZOLANAS
A  mamá  e  o  papá  de Ainhoa, ofrecéronse  a  facernos un obradoiro de cociña:  preparamos  arepas  venezolanas. Tamén  coñecimos  as  súas  orixes e donde  está  Venezuela. As  arepas  son  unha  comida moi típica e  coñecida  da cociña  venezolana, son para os  venezolanos  coma  o  pan  para nós. Elabóranse con  fariña  de millo, auga  e un pouquiño  de sal.  Podemos  engadirlles  azúcre na  masa ou non. Unha  vez feita a masa  fanse boliñas pequenas, que  se aplastan en forma  de tortiña e tóstanse  na sartén con unha  pinguiña  de aceite ou manteiga. A verdade  é que están moi ricas.
Moitas  gracias Mary  e  Aarón por regalarnos o  voso tempo  para algo tan bonito.




































ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES