Powered By Blogger

O TESOURO DA PIRATA RARAPATA


Buscamos o tesouro da pirata Rarapata, e será necesario coñecer a historia da nosa amiga.
Cal será o seu tesouro? Serán xoias, moedas de ouro, perlas, diamantes?  Escoita a historia e saberás cal é o seu tesouro máis importante. Despois de escoitar a historia, todos xuntos, traballando en equipo, atoparemos o seu gran tesouro....quedarás abraiado cando saibas que é e por que é tan importante para a nosa amiga Rarapata.
 
Para comezar, pincha na imaxe do barco.




DÍA DA PAZ

Venres, 28 de xaneiro de 2022 

Hoxe celebramos o día da Paz, aínda que estivemos toda a semana preparando cousiñas propostas polo cole para celebrar este día tan importante para nós. Todos os nenos e nenas do cole decoramos libremente uns pequenos pés para colgar nos enreixados do patio, simulando o Camiño de Santiago. A nós tocounos partir de Pontevedra que, simbólicamente estaba no inicio do enreixado do areeiro. Tamén fixemos unhas bonitas máscaras de pombiñas brancas da Paz....con plumiñas e todo.





















Tamén fixemos un pouco o toliño e, o profe Lucas gravounos!!🙈


XOGOS DA BIBLIOTECA DO COLE: DESAFÍOS 

Aproveito para comentarvos  que na biblioteca do cole (biblioteca creativa), comezamos unha nova actividade moi chula na que poden participar todos os peques, vós podedes axudalos na casa. Trátase dunha serie de retos ou desafíos que hai que resolver. No blog da biblioteca podedes informarvos do proceso e das datas. O DESAFÍO VERDE é para Infantil, 1º e 2º de primaria. 
O DESAFÍO AMARELO para os maiores do cole. Os peques terán que resolver os enigmas e logo meter as respostas na caixa de correo (buzón) que está na entrada do edificio novo. Teño que presumir de que os golfiños fixemos o buzón, que quedou chulísimo.












Ah, tamén están no blog da biblio as primeiras "booktubers" da nosa clase recomendándonos libros para ler: Catrina, Nora e Alicia.
Pouco a pouco irán os demais que queiran facelo.

Esperamos que participedes todos nos  DESAFÍOS.

Unha aperta e boa fin de semana


ANIVERSARIO DE FELIPE

Venres, 28 de xaneiro de 2022

Onte, xoves, celebramos o aniversario do noso compi Felipe, o primeiro en cumprir 6 anos!!!!
Felipe convidounos a todos a unhas ricas chuches que preparou nunhas bolsiñas. Tamén fixemos a coroa de cumpres co número 6 e estreamos a veliña nova do 6.
PARABÉNS COMPAÑEIRO💗









E agora, un agasallo para ti...sei que che gustará moito

BUSCAMOS O COFRE DO TESOURO DA PIRATA RARAPATA

 Venres, 14 de decembro de 2022

Onte, xoves, coñecimos á nosa nova amiga, a pirata Rarapata, que nos enviou por correo unha carta selada na illa de Santa Lucía, que é donde ten atracado o seu barco. Pedía que a axudaramos a buscar un dos seus cofres dos seus máis de 100 tesouros. Na súa carta explicounos que é unha loba de mar e que vive nun barco pirata chamado "O dragón dos mares". Tamén nos contou que ela é a capitana do barco e que ten 17 piratas as súas ordes e que xuntos conquistaron máis de 100 barcos. Pero agora ten un problema, pois a súa cabeciña está un pouco olvidadiza e non lembra donde están os seus cofres agochados. Ela lembra que un deles está escondido no noso cole, pero non lembra ben donde. Así que decidimos axudala moi, pero que moi emocionados....Como mola buscar tesouros, verdade?

Uxía foi a encargada de abrir o sobre que nos chegou ao buzón do cole. Escoitamos con moita atención o que nos contaba na carta...ata estaba asinada e tiña moitos corazóns. Será unha pirata moi amorosa?

No blog da nosa clase deixounos preparados 4 xogos de pistas que tivemos que resolver un por un. Cada pista levounos a un lugar da clase, no que tiñamos que buscar. Resultaron ser as pezas dun puzle. Cando resolvimos todos os xogos e tiñamos todas as pezas, montamos o puzle, que resultou ser a imaxe dun pirata pescando. Fixemos todo en equipo, todos axudaron e participaron en todo o proceso. 

Só quedaba resolver o último enigma, unha adiviña. Pero eso quedou para mañá venres.

Hoxe venres, despois de traballar un pouco para aprender a p minúscula, continuamos coa busca do tesouro. Tiñamos que resolver a adiviña para conseguir o premio: o mapa do tesouro.

Limos despaciño a adiviña e escoitamos con moita atención. A clase quedou silenciosa e todos estaban moi atentos e con cariña de pensar moito, e algúns resoplando. De súpeto alguén levantou a man coa cara moi feliz, pero á vez insegura. Uxía dixo que cría sabelo e dixo que era......

                                 O rato robot da clase


Efectivamente, era o rato. Na caixa do rato estaba o mapa do tesouro

Todos brincaron de alegría.....

Agora tocaba descifrar o mapa e saír a buscalo.
Lograrán descifrar os nosos brumetes o mapa e atopar o cofre do tesouro?

Aquí van fotos de todo o proceso:

Abrimos a carta da pirata Rarapata


                        


Xogamos na clase a resolver os xogos de pistas
















Agora estudiamos o mapa e saímos á busca do tesouro
























Tesouro atopado. Bo traballo, piratas golfiños!!!

Agora, a repartir o prezado botín....

Ata a próxima aventura. Boa fin de semana


















              


ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES