Powered By Blogger

A PIRATA RARAPATA: XOGO DE PISTAS

Esta é a pirata Rarapata, unha loba de mar, a máis  temida de todos os mares do planeta terra. Pero agora ten un gran problema de memoria: ten tantos cofres de tesouros agochados por todo o mundo, que xa non lembra donde están e, para máis, perdeu os mapas que debuxara para atopar todos. Hoxe recibín esta carta de Rarapata.
CARTA DA PIRATA RARAPATA


                                                                        Vigo, 13 de xaneiro de 2022

Ola Golfiños e Golfiñas, son Rarapata, capitana do barco pirata chamado "o Dragón dos mares".
Son famosa por ser a máis valente e temida de todos os mares do planeta. No meu gran barco pirata, con bandeira negra como o mal e caveira branca como o marfil, viaxo cos meus 17 piratas filibusteiros. Xuntos, conquistamos máis de 100 barcos e roubamos os seus tesouros. Pelexamos para defendelos con forza e coraxe.
Pero, últimamente estou un pouco despistada e a miña memoria xa non é o que era. Esto é un gran problema, pois xa non lembro donde teño agochados os mapas dos meus tesouros. Estou triste e desolada.
Só lembro que no cole O Pombal escondín un dos máis valiosos tesouros.
Por favor, queredes axudarme? Estou segura de que coa vosa axuda conseguiremos atopalos todos.

Moitas grazas, golfiños e golfiñas

Asdo. 


Estes xogos de pistas son para ir descubrindo en 4 pasos ou xogos as 4 partes dun puzle, escondidas en diferentes recunchos da aula. Cando teñades todas as pezas armaredes o puzle e reciviredes como agasallo a derradeira pista: "o mapa do tesouro do pirata Rarapata". Para conseguilo teredes que seguir as instruccións do mapa que vos levarán ao lugar do cole donde está agochado o cofre do tesouro da pirata Rarapata.

CREBACABEZAS: PRIMEIRA PISTA


PARELLAS DE NOMES: SEGUNDA PISTA


PARELLAS DE NOMES: TERCEIRA PISTA


SOPA DE LETRAS: CUARTA  PISTA

  


Agora que xa descubriches as 4 pistas e foches capaz de relacionalas correctamente, recibirás a pista máis importante, un agasallo que che levará directamente ao lugar donde se esconde o cofre do tesouro do pirata Rarapata.


Neste lugar, o mapa do tesouro atoparás, primeiro pensarás e logo adiviñarás:

              "Un ratiño á dereita, un ratiño á esquerda,
                un ratiño para adiante, un ratiño para atrás,
           ando pasiño a pasiño por un camiño cheo de cadradiños"


           Moita sorte pequenos piratas!!





 

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES