BUSCAMOS O COFRE DO TESOURO DA PIRATA RARAPATA

 Venres, 14 de decembro de 2022

Onte, xoves, coñecimos á nosa nova amiga, a pirata Rarapata, que nos enviou por correo unha carta selada na illa de Santa Lucía, que é donde ten atracado o seu barco. Pedía que a axudaramos a buscar un dos seus cofres dos seus máis de 100 tesouros. Na súa carta explicounos que é unha loba de mar e que vive nun barco pirata chamado "O dragón dos mares". Tamén nos contou que ela é a capitana do barco e que ten 17 piratas as súas ordes e que xuntos conquistaron máis de 100 barcos. Pero agora ten un problema, pois a súa cabeciña está un pouco olvidadiza e non lembra donde están os seus cofres agochados. Ela lembra que un deles está escondido no noso cole, pero non lembra ben donde. Así que decidimos axudala moi, pero que moi emocionados....Como mola buscar tesouros, verdade?

Uxía foi a encargada de abrir o sobre que nos chegou ao buzón do cole. Escoitamos con moita atención o que nos contaba na carta...ata estaba asinada e tiña moitos corazóns. Será unha pirata moi amorosa?

No blog da nosa clase deixounos preparados 4 xogos de pistas que tivemos que resolver un por un. Cada pista levounos a un lugar da clase, no que tiñamos que buscar. Resultaron ser as pezas dun puzle. Cando resolvimos todos os xogos e tiñamos todas as pezas, montamos o puzle, que resultou ser a imaxe dun pirata pescando. Fixemos todo en equipo, todos axudaron e participaron en todo o proceso. 

Só quedaba resolver o último enigma, unha adiviña. Pero eso quedou para mañá venres.

Hoxe venres, despois de traballar un pouco para aprender a p minúscula, continuamos coa busca do tesouro. Tiñamos que resolver a adiviña para conseguir o premio: o mapa do tesouro.

Limos despaciño a adiviña e escoitamos con moita atención. A clase quedou silenciosa e todos estaban moi atentos e con cariña de pensar moito, e algúns resoplando. De súpeto alguén levantou a man coa cara moi feliz, pero á vez insegura. Uxía dixo que cría sabelo e dixo que era......

                                 O rato robot da clase


Efectivamente, era o rato. Na caixa do rato estaba o mapa do tesouro

Todos brincaron de alegría.....

Agora tocaba descifrar o mapa e saír a buscalo.
Lograrán descifrar os nosos brumetes o mapa e atopar o cofre do tesouro?

Aquí van fotos de todo o proceso:

Abrimos a carta da pirata Rarapata


                        


Xogamos na clase a resolver os xogos de pistas
















Agora estudiamos o mapa e saímos á busca do tesouro
























Tesouro atopado. Bo traballo, piratas golfiños!!!

Agora, a repartir o prezado botín....

Ata a próxima aventura. Boa fin de semana


















              


Comentarios