Venres, 28 de xaneiro de 2022
Hoxe celebramos o día da Paz, aínda que estivemos toda a semana preparando cousiñas propostas polo cole para celebrar este día tan importante para nós. Todos os nenos e nenas do cole decoramos libremente uns pequenos pés para colgar nos enreixados do patio, simulando o Camiño de Santiago. A nós tocounos partir de Pontevedra que, simbólicamente estaba no inicio do enreixado do areeiro. Tamén fixemos unhas bonitas máscaras de pombiñas brancas da Paz....con plumiñas e todo.
XOGOS DA BIBLIOTECA DO COLE: DESAFÍOS
Aproveito para comentarvos que na biblioteca do cole (biblioteca creativa), comezamos unha nova actividade moi chula na que poden participar todos os peques, vós podedes axudalos na casa. Trátase dunha serie de retos ou desafíos que hai que resolver. No blog da biblioteca podedes informarvos do proceso e das datas. O DESAFÍO VERDE é para Infantil, 1º e 2º de primaria.
O DESAFÍO AMARELO para os maiores do cole. Os peques terán que resolver os enigmas e logo meter as respostas na caixa de correo (buzón) que está na entrada do edificio novo. Teño que presumir de que os golfiños fixemos o buzón, que quedou chulísimo.
Ah, tamén están no blog da biblio as primeiras "booktubers" da nosa clase recomendándonos libros para ler: Catrina, Nora e Alicia.
Pouco a pouco irán os demais que queiran facelo.
Esperamos que participedes todos nos DESAFÍOS.
Unha aperta e boa fin de semana
Comentarios
Publicar un comentario