Powered By Blogger
Hola de novo  amiguiños e amiguiñas.

Hoxe  comparto convosco esta fichiña para facer todas  as  mañás.
Tedes que completar  os  oquiños  coa axuda de mamá e papá. Podedes  imprimila  e  facela  cada día ou cando vos apeteza.
Podedes cantar a canción de Dona Semaniña para repasala e para que a aprenda  a  vosa familia.



Sigo recibindo os vosos traballiños. Eiquí  van............Ah, olvidábame de contarvos que os nenos e nenas de 4 anos tamén están a facer moitas cousiñas nas súas casas, e a partirt de agora tamén as compartirán connosco. Gracias catroaneiros!!! 




Esto é todo o traballo de Nora.....está todo xenial, Nora






 


Lara, e os seus irmáns Xavi e Yago tamén están a facer moitas  cousas super interesantes....

COCIÑARON   postres....mirade que ésto  engorda  moito



                              

         



Fixeron......LUZ 



e tamén  fixeron manualidades,  os 4 porquiños. 
Agora só vos falta o  lobiño Tito



A nosa amiguiña Lía  tamén  nos quería mostrar  as súas  creacións: animais de tubo de papel hixiénico. Quedaron chulíiiiiiiiisimos




Agora  quero  propoñervos unha cousiña que seguro que vos vai encantar e  vai ser un recordo moi bonito para todos, algúns seguro que ata choraremos da emoción. 
Tedes que facer unha foto coa vosa familia, irmáns, mascotas...na que nos lembredes que temos que quedar na casa, que nos animedes porque todo vai saír ben e verémonos pronto....en fin, algo que vos apeteza compartir. Empregade calquer material que teñades na casa, ou a tecnoloxía se sodes manitas.
Logo mandade a foto á profe Raquel ou a min e as publicaremos. Xa estamos esperando con moita ansiedade. E lembrade, hai que quedar na casa para saír desto todos xuntos e entre todos o antes posible. Ämovos moito  e bótovos moitísimo de menos.

                      Aquí van as nosas. Un bicazo virtual











                                      

            NOTA  IMPORTANTE  PARA  AS  FAMILIAS:  
                      AVALIACIÓN 2º  TRIMESTRE

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipopombal/system/files/Nota_familias_2%C2%AA_avaliaci%C3%B3n.pdf

OS 4 PORQUIÑOS E O LOBIÑO



Hola de novo,  xa sei que son unha pesada, pero quería  mandarvos traballar máis....é broma...




Hoxe  imos lembrar o  conto dos 4 porquiños e o lobiño, para que o leades na casa con papá, mamá ou cos vosos irmáns maiores. Xa sei que o coñecedes moi ben porque xa o contamos na clase e na casa.....pero temos que volver a velo para facer moitas cousiñas a partir del. Aquí vai o conto.

OS  4  PORQUIÑOS  E  O  LOBIÑO

Había  unha  vez  4  porquiños que  vivían  nunha  casa  grande  coa  súa  mamá  e  o  seu  papá.  Todos  eran  diferentes,  e, anque ás  veces  pelexaban, queríanse  moito. Cada  un  tiña  a  súa roupa  e  xoguete  favoritos  e  a  súa cor  preferida.

O maior chamábase Pepe.  Era  gordiño e  moi  lacazán,  sempre estaba  canso.  Non axudaba na  casa e  só  comía  chuches,  caramelos,  tortas  e  pasteis  e  nunca  lavaba os  seus dentes,  por  iso  tiña  moitas  caries.  Tamén lle doía moito  a  barriga   e  a súa  caca  saía moooooi  dura  por comer  tanto  chocolate e  dóces
(hidratos----amarelo)

A  segunda era  Cuca. Tamén  era  bastante  vagoneta  e  doíalle moito  a barriga. Enfermaba  moitas  veces,  pois  non  se  alimentaba  ben. Só comía  carne, peixe,  ovos  e ás  veces  tomaba  leite.
(proteínas:  vermello)

O terceiro,  Manu,  estaba  moi delgadiño e  parecía  o  máis pequeno. Tamén  se  sentía  un  pouco  débil  e tiña  pouca forza  e  enerxía,  e  case  non crecía. Manu  só  comía  froitas  e  verduras,  que  son  moi  boas,  pero  os  seus  país  dicíanlle  que  tiña  que  comer de todo para crecer  forte,  san  e  ter moita enerxía.
(froitas  e  hortalizas: verde)

A  máis  pequena era Lola,  que estaba moi  forte  e  sana, sempre contenta  e chea  de  enerxía. Case  nunca  estaba  enferma  e  era a que  máis axudaba na  casa: barría,  fregaba, facía  a  cama, collía  froitos  no horto,  cantaba,  bailaba.  Pintaba….Lola  comía  de todo:  froitas  e  verduras,  carne,  peixe,  cereais,  leite,  ovos, ás  veces  tortas  e  pasteis  e  algunha  chuche  e  lavaba  os  dentes  a diario.
(de  todo: todas  as  cores)

Moi  cerca,  dentro  do bosque, vivía  un  lobiño  chamado  Tito.  Era  moi bo,  pero  todos  lle  tiñan medo,  pois  oiran  falar  mal  dos  lobos ……ademáis,  tiña  uns  dentes  moi  grandes  e  era  moi  peludo.
Todos  pensaban  que  os  querería  comer  e  escapaban  cada  vez  que  o  vían polo  bosque. Tito  sentíase soíño  porque  non  tiña  amigos  e  non  tiña  con  quen xogar.  Tampouco  tiña  casa,  pois  ninguén lle ensinara  a  facer  casas.

O porquiños  vivían moi  felices  na  casa  de mamá  e  papá,  pero  ao facerse maiores,  pensaron  en  construir  cada  un a  súa  propia casa.

O  primeiro  en  construir  unha casiña foi Pepe,  pensou facela  de  palla, pois  así  terminaría  pronto  e podería xogar  coa  súa pelota.  Acabou  pronto  e  pintouna  de   amarelo.

Cuca construiu   a súa  casa  de  cartón.  Terminou  pronto  e  pintouna  de  vermello.  Logo  xogou  coa  súa cometa  favorita.

Manu  fixo  a  súa  casa  de  madeira  e  pintouna  de  cor  verde.  Logo  tocou  as  súas  maracas.

Lola decidiu construir  unha  casa  forte  e  segura.  Pensou  que  lle  daría moito traballo  e  levaríalle moito  tempo,  pero  decidiu facela  de  ladrillos  e  de cemento.  Lería máis adiante  o  seu libro  favorito  e  logo xogaría  cos  seus irmáns.  Pintou  a súa casa  de  moitas cores:  vermello,  amarelo,  verde,  azul,  laranxa….Lola  pasou moito traballo,  pero  fixo  a  mellor  e  máis  bonita  casa  do  bosque.

Un  día  de  inverno  anunciaron  no  telediario que  chegaría unha forte  tormenta:  “A  borrasca”.  Habería fortes  ventos  e  choivas,  polo  que  aconsellaron  quedarse  na  casa  para  estar  máis  seguros.

Un forte vento  soprou,  tirou árbores, rocas  e  casas. Cando chegou  a  borrasca á  casa  de  palla,  soprou  e soprou  e  a casiña  pronto tirou.  A palla  empezou  a  voar,  e o  porquiño  Pepe  estaba moi  asustado e sen saber que facer paralizado  polo  medo.  O  lobiño  Tito,  que  tamén  escapaba da borrasca, observou  que  o  porquiño  estaba  en  perigo. Sen pensalo  2 veces  agarrouno  pola  man  e  salvouno  polos pelos.  Os 2 correron  cara  a  casa de cartón  a  refuxiarse.


O  vento  sopraba  sobre a casa de cartón…e  soprou,  e soprou,  e soprou  e  cataplún…a  casa de cartón  de Cuca foise voando polo aire  e  desapareceu.  O  lobo e  os 2 porquiños  correron  de  novo  a  refuxiarse,  esta vez á casa  de madeira de Manu.

Borrasca  seguía destruíndo todo  ao seu paso e chegou  á casa   de  madeira. Soprou,  e soprou,  e  soprou  e  soprou  e  a  casiña de  novo destrozou.  O  3 porquiños  e  o  lobo,  ateridos  de frío  e  mortos  de medo,  volveron  a  correr sen  mirar  atrás.  Conseguiron chegar,  polos pelos  á  casiña  de  ladrillos  e  cemento  de Lola.

O vento  chegou  á  casa  multicor  de Lola,  e  soprou,  e  soprou,  e  volveu soprar……toda  a  noite  sen parar…..pero….  a  casa  non  logrou  destrozar. Todos  asombrados  quedaron  e  tamén  agotados  de  tanto  fuxir. 

Sen  forzas  xa,  os  3  porquiños  e  o  lobo  quedaron  durmidos na  casa  forte e segura  de Lola. Lola  preparou na súa cheminea un  caldiño quentiño  para cando espertaran.
Aquel  día  todos  aprenderon  unha  bonita  lección:  non  debemos  xulgar nin rexeitar  a  ninguén pola  súa  apariencia  ou  polo que nos digan  os  demáis.   Todos  se  enteraron  da  fazaña  do  lobo Tito.  Agora  é  coñecido  no bosque  como  SUPER  TITO  e,   como  agradecemento,  os  4  porquiños  axudaron  a  Tito  a  facer unha   bonita,  forte  e  segura  casiña para  estar  a  salvo  e  quentiño.










                           ACTIVIDADES  PROPOSTAS

Imprime  as  imaxes  das personaxes  do noso conto e logo  colorea ou  decora como queiras, pero respectando a cor de roupa que corresponde a cada un:
_  PEPE  AMARELO
_ CUCA  VERMELLO
_ MANU  VERDE
_ LOLA  MULTICOR
_ LOBO TITO  MARRÓN

 Logo  podedes recortalas  coas tesoiras e poñerlles  un pauciño ou unha palliña e facer títeres  para un teatriño.  ¡Veña  actorazos!

E agora    ¡¡¡¡ a SORPRESA  que vos prometera!!!: 
UN VIDEO NO QUE EXPLICO COMO FACER PORQUIÑOS DE ORIGAMI. Espero  que  vos guste moito e  que o fagades na casa, é moi fácil e só precisades papel e rollos de papel hixiénico....Animádevos e compartide as  vosas manualidades.  Un  bico  mooooooi  grande para todos e todas.








Hola,  hola  golfiñas e golfiños.  ¿Como levades este encerro?, supoño que xa estaredes cansos e desexando saír da casa e volver ao cole para estar de novo xuntos. Aínda queda un pouco máis, só un pouquiño máis. ¡ Ánimo!, que  sodes uns campións...seguro que mamá  e papá  están  moi, pero que moi orgullosos do ben que vos portades estes días.
Nestes días  recibín  máis cousiñas vosas, que cada vez me gustan máis... sodes uns artistas.



Mirade, mirade todas  as cousiñas que fixestes estes días:

Nayat está traballando moito coa súa familia. Quería unha cociña como a que temos no colee....mans á obra. Fixeron unha super cociña con corcho branco, bloques , madeira... e tamén culleres, coitelos e garfos.  Quedaron preciosos. Seguro que así levarán mellor as cousas e divertiranse moito. Xenial Nayat.
Un bico virtual


 



Bruno, xunto coa axuda de mamá e de papá tamén traballou un montón....moi ben Bruno, así me gusta. 
Fixo  algunhas fichiñas e escribiu moitas palabras. Tamén cociñou magdalenas (debían estar riquísimas..) e...o  que máis lle gustou foi o experimento  de expulsar ao  coronavirus do prato con xabón. Tamén  debuxou  un  feísimo  coronavirus.


l





















Hola  Golfiños e Golfiñas,  espero que todos  esteades moi,  pero que moi ben. Eu sigo aquí, facendo cousiñas para vós...nunca me olvido de ningún.

Hoxe vouvos  propoñer unha  fichiña  moi chula  relacionada  co  conto que vos mandei do Monstro de cores, que  estou  segura que vos gustou tanto como a min. Ademáis  fíxenvos un video sobre como botar do noso lado a tódolos virus do mundo, a ver si vos gusta e o probades na casa con mamá e papá.


                                            



Aquí  vai o video  sobre como temos que desfacernos de tódolos virus e bacterias.



Por certo, onte  púxenme  moi contenta, porque recibín  máis  cousiñas  vosas.....que  felicidade ter novas da vosa parte.
Nora  mandounos  fotos  das  fichas  que  fixo na casa, tamén  fixo un debuxo moi chulo do feo virus, e un video  da  cena que cociñou  coa súa familia....nada máis e nada  menos  que unha  exquisita pizza... ñan, ñan. Gracias Nora e Vera, un bicazo enorme  para  as  dúas.

 





Tamén recibín novas de Nayat, que estivo traballando moito na súa casa. Fixeron un gran puzzle do abecedario e tamén pintou algúns debuxos. Gracias Nayat, un achuchón xigante



Seguide  mandando cousiñas a gonsia1@gmail.com
¡Ah!,  olvídábame  de  contarvos  un segrediño.  Teño preparada unha sorpresa para o próximo día....seguro que vos  vai encantar. Pero, chsssssss, non llo contedes a ninguén....  é  un segredo.







O coronavirus e o monstruo de los cores

Hoxe gustaríame que visionedes este bonito conto do monstruo de cores (un monstruo moi bo) sobre o Coronavirus (ese bicho monstruoso que imos conseguir botar para sempre deste mundo). Escoitádeo con atención e logo podedes facer un debuxo  do  que  máis vos gustou da historia....pode ser do Coronavirus. Podedes facelo como queirades: con pinturas, con pincel, con papeliños ou co se vos ocurra do que teñades na casa. Eu tamén farei o meu.




Veña, animádevos  e compartídeo. Un  biquiño  virtual. Quérovos moitttíiiiiisimo.....



Tamén  quero recomendarvos  algunhas apps  educactivas  moi axeitadas  para  os  momentos  de  ocio, para que xoguen  coa tablet, ou o ordenador,  sós  ou en familia.  Todas  podedes descargalas  na play store.  Espero  que  vos  gusten e, sobre  todo, que aprendan e o pasedes  moi ben xuntos


Aprende  las  emociones 
 Castle  blocks





Code karts 
La  pequeña  oruga  glotona 











                                                       
  Lightbot













Zen  studio:  dactilopintura



ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES