Powered By Blogger

Hola  Golfiños e Golfiñas,  espero que todos  esteades moi,  pero que moi ben. Eu sigo aquí, facendo cousiñas para vós...nunca me olvido de ningún.

Hoxe vouvos  propoñer unha  fichiña  moi chula  relacionada  co  conto que vos mandei do Monstro de cores, que  estou  segura que vos gustou tanto como a min. Ademáis  fíxenvos un video sobre como botar do noso lado a tódolos virus do mundo, a ver si vos gusta e o probades na casa con mamá e papá.


                                            



Aquí  vai o video  sobre como temos que desfacernos de tódolos virus e bacterias.



Por certo, onte  púxenme  moi contenta, porque recibín  máis  cousiñas  vosas.....que  felicidade ter novas da vosa parte.
Nora  mandounos  fotos  das  fichas  que  fixo na casa, tamén  fixo un debuxo moi chulo do feo virus, e un video  da  cena que cociñou  coa súa familia....nada máis e nada  menos  que unha  exquisita pizza... ñan, ñan. Gracias Nora e Vera, un bicazo enorme  para  as  dúas.

 





Tamén recibín novas de Nayat, que estivo traballando moito na súa casa. Fixeron un gran puzzle do abecedario e tamén pintou algúns debuxos. Gracias Nayat, un achuchón xigante



Seguide  mandando cousiñas a gonsia1@gmail.com
¡Ah!,  olvídábame  de  contarvos  un segrediño.  Teño preparada unha sorpresa para o próximo día....seguro que vos  vai encantar. Pero, chsssssss, non llo contedes a ninguén....  é  un segredo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES