Powered By Blogger
Hola de novo  amiguiños e amiguiñas.

Hoxe  comparto convosco esta fichiña para facer todas  as  mañás.
Tedes que completar  os  oquiños  coa axuda de mamá e papá. Podedes  imprimila  e  facela  cada día ou cando vos apeteza.
Podedes cantar a canción de Dona Semaniña para repasala e para que a aprenda  a  vosa familia.



Sigo recibindo os vosos traballiños. Eiquí  van............Ah, olvidábame de contarvos que os nenos e nenas de 4 anos tamén están a facer moitas cousiñas nas súas casas, e a partirt de agora tamén as compartirán connosco. Gracias catroaneiros!!! 




Esto é todo o traballo de Nora.....está todo xenial, Nora






 


Lara, e os seus irmáns Xavi e Yago tamén están a facer moitas  cousas super interesantes....

COCIÑARON   postres....mirade que ésto  engorda  moito



                              

         



Fixeron......LUZ 



e tamén  fixeron manualidades,  os 4 porquiños. 
Agora só vos falta o  lobiño Tito



A nosa amiguiña Lía  tamén  nos quería mostrar  as súas  creacións: animais de tubo de papel hixiénico. Quedaron chulíiiiiiiiisimos




Agora  quero  propoñervos unha cousiña que seguro que vos vai encantar e  vai ser un recordo moi bonito para todos, algúns seguro que ata choraremos da emoción. 
Tedes que facer unha foto coa vosa familia, irmáns, mascotas...na que nos lembredes que temos que quedar na casa, que nos animedes porque todo vai saír ben e verémonos pronto....en fin, algo que vos apeteza compartir. Empregade calquer material que teñades na casa, ou a tecnoloxía se sodes manitas.
Logo mandade a foto á profe Raquel ou a min e as publicaremos. Xa estamos esperando con moita ansiedade. E lembrade, hai que quedar na casa para saír desto todos xuntos e entre todos o antes posible. Ämovos moito  e bótovos moitísimo de menos.

                      Aquí van as nosas. Un bicazo virtual










No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES