Powered By Blogger

SITUACIÓN EXTRAORDINARIA POLO CORONAVIRUS

       SUXERENCIAS  DE  ACTIVIDADES    
                      3  ANOS

Nestes momentos, nos que  todos estamos a  pasar  por  un periodo  excepcional,,  debido ao Estado  de Alarma  decretado polo Goberno  en  toda  a  Nación,  dende  este  blog  desexo que  todo  sexa  "o  máis  normal  posible"  para todas  as  familias. Seguro que xa  vos  mesmos  tendes un montón  de ideas vistas  nas  redes  ou  da  vosa creación,  pero  quero  propoñervos  algunhas  ideas,  tamén  vistas  a  maioría  nas  redes  e  outras orientacións  para  ter,  ao  menos, unha  continuidade co que facemos na  aula  a diario e  co  que tiñamos pensado traballar nestes  últimos  meses de clase, o proxecto  baseado no conto "os 4 porquiños e o lobo",que xa todos  coñecedes. Tiñamos  pensado, a través  do conto e as súas personaxes, traballar  a alimentación  saudable, sobre  todo incrementar o gusto  polas  froitas e verduras,  a roda  dos alimentos, tendas  de  alimentación (carnicería, froitería, peixería, supermercado...). As  casas (importancia  da casa, habitáculos, materiais para construilas, tipos de vivendas humanas  e  de algúns  animais...). A nivel  de  valores, a  importancia  da amistade e de  non  rexeitar  ou discriminar  a  ninguén polo  seu  aspecto, orixen ou  polo que nos digan  os  demáis (prexulgar). A importancia  da  hixiene corporal  e  do noso entorno para  o  coidado  do  propio corpo  e  a  preservación  da  nosa  saúde e  a dos  que nos rodean.
Penso  que, especialmente neste  momento, podedes  traballar  esta  temática  dun  xeito  case natural e  rutinario. Propoño  as seguintes  actividades, que podedes  ir  facendo ao  longo  dos días.
Irei  subindo máis  ideas pouco  a  pouco. Vos  tamén  podedes contribuir  aportando ideas ou  compartindo cousas que  fagades na casa para comentalas  entre todos. Podedes  facelo  comentando no blog ou  ben  a través  do meu correo gmail: 
                                   
                                  gonsia1@gmail.com

_ Axudar  na limpeza  e  ordenación da  casa,  poñer a mesa colocando correctamente cada utensilio....
_ Cociñar  xuntos cousas  sinxelas: galletas,  biscoitos, pizza, pratos  con  froitas....e  nomear  os  ingredientes,  decir  en  que  cor  irían (verde: froitas  e  verduras. Vermello:  carne  e  peixe, graxas. Amarelo: hidratos, cereais  e azúcre). Escribir  xuntos  a receita ....
_ Buscar comidas  en catálogos  de supermercado: nomealas, recortalas e clasificalas según o tipo de alimento, según a tenda donde se venden,  recortalos e pegalos, facer un mural...
_ Medir  as  habitacións con  pasos, pés....comparar  os  tamaños
_ Falar  do mobiliario,  electrodomésticos, para que serven,....ampliar  vocabulario, facer  frases
_  Facer  debuxos  libres do  que estamos  a  aprender e ir  escribindo  palabras  sinxelas  e  curtas, Poden  copialas e  escribilas  coa  vosa  axuda. Tamén  podedes darlles  debuxos  de cousas  da  casa, diferentes  alimentos...para  que  coloreeen  e  escribir  o  nome de algunha  delas
_ Actividades  de  motricidade fina  con  cousas  da  casa: xogar  con  pinzas  da  roupa a  tender  a  roupa,  facer  seriacións de  cores  enganchando pinzas. vaciar  e  encher  recipientes  con macarróns, pipas....coa man e  con pinzas das  que  temos  para a  comida,  con  dous paus (de  shushi ou de xeado),  colorear debuxos,  formas,  mandalas  sinxelas...
_ Xogar  con Plastilina ou  pasta  de modelar. Aquí vai  unha  receita  de plastilina  caseira .

           RECEITA  DE  PLASTILINA   CASEIRA  CON  
                                  2  INGREDIENTES

               2  TAZAS  DE  ALMIDÓN DE  MILLO (MAIZENA)
               1  TAZA  DE  ACONDICIONADOR  DE  PELO

Mesturade  todo  ben  nun recipiente. Se queda  moi pegaxosa podedes poñerlle  máis  Maizena. Tamén  podedes coloreala  con colorantes alimentarios. 

_ Repasar os  días  da  semana, ver o calendario,  que  día  fai  hoxe, nomear  as  estacións  do ano e  en cal estamos (entraremos pronto na primavera)

Deixo  aquí  un enlace  á páxina  de Pequeocio,  con  centos  de actividades, manualidades  e  suxerencias para facer  cos nenos-as.
                                https://www.pequeocio.com/

Tamén  vos  recomendo que entredes na páxina  deste  blog "Xogos  e  cancións",  na  que  hai   xogos,  cancións  e  videos  que os  nenos-as  foron  coñecendo na  clase.

Esto  é  un  exemplo  de  horario  que  me  pareceu  moi  gráfico e chamativo. É  moi  importante  normalizar  o  máis que se poida  e  manter unha  rutina, aínda que, nestas circunstancias, ás veces, pode  ser  complicado.


Seguimos en  contacto....un  abrazo  a  todos.






1 comentario:

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES