Hola de novo, xa sei que son unha pesada, pero quería mandarvos traballar máis....é broma...
Hoxe imos lembrar o conto dos 4 porquiños e o lobiño, para que o leades na casa con papá, mamá ou cos vosos irmáns maiores. Xa sei que o coñecedes moi ben porque xa o contamos na clase e na casa.....pero temos que volver a velo para facer moitas cousiñas a partir del. Aquí vai o conto.
OS 4 PORQUIÑOS E O LOBIÑO
O maior chamábase Pepe. Era gordiño e moi lacazán, sempre estaba canso. Non axudaba na casa e só comía chuches, caramelos, tortas e pasteis e nunca lavaba os seus dentes, por iso tiña moitas caries. Tamén lle doía moito a barriga e a súa caca saía moooooi dura por comer tanto chocolate e dóces.
(hidratos----amarelo)
A segunda era Cuca. Tamén era bastante vagoneta e doíalle moito a barriga. Enfermaba moitas veces, pois non se alimentaba ben. Só comía carne, peixe, ovos e ás veces tomaba leite.
(proteínas: vermello)
O terceiro, Manu, estaba moi delgadiño e parecía o máis pequeno. Tamén se sentía un pouco débil e tiña pouca forza e enerxía, e case non crecía. Manu só comía froitas e verduras, que son moi boas, pero os seus país dicíanlle que tiña que comer de todo para crecer forte, san e ter moita enerxía.
(froitas e hortalizas: verde)
A máis pequena era Lola, que estaba moi forte e sana, sempre contenta e chea de enerxía. Case nunca estaba enferma e era a que máis axudaba na casa: barría, fregaba, facía a cama, collía froitos no horto, cantaba, bailaba. Pintaba….Lola comía de todo: froitas e verduras, carne, peixe, cereais, leite, ovos, ás veces tortas e pasteis e algunha chuche e lavaba os dentes a diario.
(de todo: todas as cores)
Moi cerca, dentro do bosque, vivía un lobiño chamado Tito. Era moi bo, pero todos lle tiñan medo, pois oiran falar mal dos lobos ……ademáis, tiña uns dentes moi grandes e era moi peludo.
Todos pensaban que os querería comer e escapaban cada vez que o vían polo bosque. Tito sentíase soíño porque non tiña amigos e non tiña con quen xogar. Tampouco tiña casa, pois ninguén lle ensinara a facer casas.
O porquiños vivían moi felices na casa de mamá e papá, pero ao facerse maiores, pensaron en construir cada un a súa propia casa.
O primeiro en construir unha casiña foi Pepe, pensou facela de palla, pois así terminaría pronto e podería xogar coa súa pelota. Acabou pronto e pintouna de amarelo.
Cuca construiu a súa casa de cartón. Terminou pronto e pintouna de vermello. Logo xogou coa súa cometa favorita.
Manu fixo a súa casa de madeira e pintouna de cor verde. Logo tocou as súas maracas.
Lola decidiu construir unha casa forte e segura. Pensou que lle daría moito traballo e levaríalle moito tempo, pero decidiu facela de ladrillos e de cemento. Lería máis adiante o seu libro favorito e logo xogaría cos seus irmáns. Pintou a súa casa de moitas cores: vermello, amarelo, verde, azul, laranxa….Lola pasou moito traballo, pero fixo a mellor e máis bonita casa do bosque.
Un día de inverno anunciaron no telediario que chegaría unha forte tormenta: “A borrasca”. Habería fortes ventos e choivas, polo que aconsellaron quedarse na casa para estar máis seguros.
Un forte vento soprou, tirou árbores, rocas e casas. Cando chegou a borrasca á casa de palla, soprou e soprou e a casiña pronto tirou. A palla empezou a voar, e o porquiño Pepe estaba moi asustado e sen saber que facer paralizado polo medo. O lobiño Tito, que tamén escapaba da borrasca, observou que o porquiño estaba en perigo. Sen pensalo 2 veces agarrouno pola man e salvouno polos pelos. Os 2 correron cara a casa de cartón a refuxiarse.
O vento sopraba sobre a casa de cartón…e soprou, e soprou, e soprou e cataplún…a casa de cartón de Cuca foise voando polo aire e desapareceu. O lobo e os 2 porquiños correron de novo a refuxiarse, esta vez á casa de madeira de Manu.
Borrasca seguía destruíndo todo ao seu paso e chegou á casa de madeira. Soprou, e soprou, e soprou e soprou e a casiña de novo destrozou. O 3 porquiños e o lobo, ateridos de frío e mortos de medo, volveron a correr sen mirar atrás. Conseguiron chegar, polos pelos á casiña de ladrillos e cemento de Lola.
O vento chegou á casa multicor de Lola, e soprou, e soprou, e volveu soprar……toda a noite sen parar…..pero…. a casa non logrou destrozar. Todos asombrados quedaron e tamén agotados de tanto fuxir.
Sen forzas xa, os 3 porquiños e o lobo quedaron durmidos na casa forte e segura de Lola. Lola preparou na súa cheminea un caldiño quentiño para cando espertaran.
Aquel día todos aprenderon unha bonita lección: non debemos xulgar nin rexeitar a ninguén pola súa apariencia ou polo que nos digan os demáis. Todos se enteraron da fazaña do lobo Tito. Agora é coñecido no bosque como SUPER TITO e, como agradecemento, os 4 porquiños axudaron a Tito a facer unha bonita, forte e segura casiña para estar a salvo e quentiño.
ACTIVIDADES PROPOSTAS
Imprime as imaxes das personaxes do noso conto e logo colorea ou decora como queiras, pero respectando a cor de roupa que corresponde a cada un:
_ PEPE AMARELO
_ CUCA VERMELLO
_ MANU VERDE
_ LOLA MULTICOR
_ LOBO TITO MARRÓN
Logo podedes recortalas coas tesoiras e poñerlles un pauciño ou unha palliña e facer títeres para un teatriño. ¡Veña actorazos!
E agora ¡¡¡¡ a SORPRESA que vos prometera!!!:
UN VIDEO NO QUE EXPLICO COMO FACER PORQUIÑOS DE ORIGAMI. Espero que vos guste moito e que o fagades na casa, é moi fácil e só precisades papel e rollos de papel hixiénico....Animádevos e compartide as vosas manualidades. Un bico mooooooi grande para todos e todas.
Comentarios
Publicar un comentario