Powered By Blogger

OBRADOIRO DE FROITAS 1: FRESA E PLÁTANO

           OBRADOIRO  DE  FROITAS 1  
                 FRESAS  E  PLÁTANOS 

 Comenzamos cun novo proxecto. Esta vez, xunto cos nenos e nenas de 4 anos B, imos levar a cabo un proxecto de traballo que nos levará parte deste trimestre e todo o terceiro. Partimos do conto "Os 4 porquiños e o lobo". Xa coñecemos un pouquiño a historia. Faremos unha gran variedade de obradoiros relacionados coa alimentación saudable (roda dos alimentos) e coas casas. Este é o primeiro, adicado enteiramente ás froitas, un dos alimentos que máis costa aos nenos-as comer, polo que temos que buscar estratexias para que aprecien o valor da froita e para que a coman de forma natural, ás veces un pouco disfrazada, pois moitos, simplemente, nin queren probala. Neste caso empezamos coas fresas e os plátanos, acompañados de sirope de fresa, de chocolate e de nata. Cada neno-a cortou a súa fresa e o seu anaco de plátano nun prato, con un coiteliño de madeira. Logo, colocaron os anacos de xeito libre e fixeron formas. Por último, adornamos co sirope preferido ou nata. Foi sorprendente a destreza de moitos á hora de cortar e, como non, ver a algúns que normalmente non querían nin ver a froita, comer todo con moito gusto. 

                

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES