Powered By Blogger

ENTROIDO 2020



                    ENTROIDO  2020

Este  Entroido, o  noso  disfraz  tiña que  relacionarse  coas  tradicións  de Galicia. Así  que,
eliximos  vestirnos  de  Merdeiros, personaxes típicos  do  Entroido  vigués. Os  Merdeiros  representan  aos  antigos  habitantes  de Vigo. Polo  visto, os vigueses  do campo  e  os  da  Ribeira do Mar non  se  levaban  demasiado ben e  adicábanse  a  tirarse  "merda" uns  aos  outros,  esto  é,  os  do  mar  tiraban  peixe  podre  e  os  do  campo  verduras. Cousas  da  historia.
En  fin,  o noso  traxe  quedou moi  feituco:  unha  careta  de  merdeiro con  pelo  longo  de lá, un  chalequiño  e  un faxín vermellos  e,  como  non,  unha  verduriña  na man (o peixe pocho non era opción).  Pasámolo  moi  ben  e  iamos  mooooi  guapiños. Ahí  van  as  fotos  e  un  video.







 






















No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES