Hola,  hola  golfiñas e golfiños.  ¿Como levades este encerro?, supoño que xa estaredes cansos e desexando saír da casa e volver ao cole para estar de novo xuntos. Aínda queda un pouco máis, só un pouquiño máis. ¡ Ánimo!, que  sodes uns campións...seguro que mamá  e papá  están  moi, pero que moi orgullosos do ben que vos portades estes días.
Nestes días  recibín  máis cousiñas vosas, que cada vez me gustan máis... sodes uns artistas.



Mirade, mirade todas  as cousiñas que fixestes estes días:

Nayat está traballando moito coa súa familia. Quería unha cociña como a que temos no colee....mans á obra. Fixeron unha super cociña con corcho branco, bloques , madeira... e tamén culleres, coitelos e garfos.  Quedaron preciosos. Seguro que así levarán mellor as cousas e divertiranse moito. Xenial Nayat.
Un bico virtual


 



Bruno, xunto coa axuda de mamá e de papá tamén traballou un montón....moi ben Bruno, así me gusta. 
Fixo  algunhas fichiñas e escribiu moitas palabras. Tamén cociñou magdalenas (debían estar riquísimas..) e...o  que máis lle gustou foi o experimento  de expulsar ao  coronavirus do prato con xabón. Tamén  debuxou  un  feísimo  coronavirus.


l




















Comentarios