Powered By Blogger

PLASTILINA CASEIRA

Ola familia. Hoxe quero mostrarvos o ben que o pasamos amasando plastilina. Sí, amasando e dando cor, todos enfariñados. Hai moitas receitas de plastilina caseira, pero nós fixemos a nosa propia, cos seguintes ingredientes, por se queredes facela na casa.

INGREDIENTES

1 vaso e medio de fariña

1/4 de vaso de sal fina

3/4 de auga quentiña

3 culleradiñas de zume de limón

1 cullerada de aceite, eu poño de xirasol

Colorante alimentario ou témpera de diferentes cores

Mesturamos ben a fariña e o sal. Engadimos o zume de limón, o aceite e a auga quente. Mesturamos e amasamos ben. Logo separamos varias boliñas e poñémoslles un pouco de cor a cada unha, ata conseguir as que máis nos gusten. Se queda moi húmida, o que é probable, engadimos fariña ata conseguir a textura que nos guste e non se pegue nas mans. E a disfrutar.

Na clase, cada un coa súa boliña de masa e con un pouco de cor, amasamos ata que a masa colleu a cor que máis nos gustou. Nós fixemos 3 cores: amarelo, azul e vermello. Cada grupo fixo unha cor diferente.  Logo xuntamos todas as bolas da mesma cor e gardamos en botes pechados para que dure moito tempo. 

Cada día xogan coa plastilina que fixeron, encántalles porque é moi brandiña e manexable. 





















NADAL 2023

Xa estamos de vacacións de Nadal, pero antes durante as os días previos ás festas, fixemos unha morea de cousas máis, ademais de decorar a nosa clase.

Recibimos unha visita sorpresa de Papá Noel e dos carteiros reais. Tivemos a sorte de poder entregarlles as nosas cartas para os Reis Magos ...Vaia sorpresón!!!








O penúltimo día antes das vacacións fixemos unha gran merendola e recibimos a visita dos maiores de 6º que viñeron a cantarnos unha panxoliña moi chula...












E, o 21 de decembro, último día de clase, tivemos unha gran festa con todo o cole: celebramos o noso propio Fín de ano 












Felices vacacións de Nadal e un novo ano 2024 cheo de alegrías e de PAZ


ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES