Powered By Blogger

NOVAS ACTIVIDADES

Ola de novo.

Hoxe temos varias actividades que realizamos durante as derradeiras semanas para mostrarvos.

PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA DO NOSO COLE

O 9 de novembro, coñecimos por primeira vez a biblioteca do cole. A profe explicounos as normas básicas da biblioteca: estantes dos que podemos coller libros, como hai que colocalos no seu andei, cales podemos e non podemos levar prestados, hai que falar baixiño, non podemos correr nin desordear as cousas e, hai que marchar deixando todo recollido e ordeado.

A nosa hora é os xoves, polo que levaremos o libro metido na carpeta e será devolto o xoves da seguinte semana. Só poderemos levar un novo libro cando traiamos a carpeta e devolvamos o da semana anterior. 

A maleta viaxeira tamén será levada por cada neno-a unha semana completa, e podedes debuxar ou escribir o que máis vos gustou na libreta que vai dentro.







Moi contentos e emocionados, recollimos os agasallos que nos deixaron Castelao e o rato Pérez: 
uns bonitos identificadores de maletas.







CONTACONTOS E OBRADOIRO DE "VIGO PESQUEIRO"

O 14 de novembro, xunto cos compis de 3 anos A, tivemos a sorte de disfrutar dun bonito obradoiro de contacontos e papiroflexia sobre os peixes e mariscos da nosa ría gracias a "Vigo Pesqueiro" 
                                          
                                               https://vigopesqueiro.com/                                                   
Primeiro escoitamos con moita atención as peripecias de algúns peixes e mariscos: a nécora, as sardiñas, a balea, o bogavante...
Depois fixemos unha morea de preciosos mexilóns e colgámolos nos cordeis da batea...como as de verdade, pero en pequeno.  Ao rematar, deixáronnos un bonito cartel coas personaxes do conto e tamén agasalláronnos cun contiño.

























Na próxima entrada....O MAGOSTO

Unha aperta


SAMAÍN

 Ola de novo.

durante a derradeira semana de outubro, celebramos o Samaín. Na casa decoramos cabazas e así quedounos un cole moi terrorífico. Tamén decoramos unha cabaza na nosa clase e os maiores levárona ao Mercado do Calvario. 

O día 31 fomos disfrazados e tivemos unha merendola de medo cos nosos compis de 3 anos A. 

Comimos bocadiños de pantasmas, cabazas e momias,  dedos sangrantes e saudables pantasmas de plátano. Tamén disfrutamos duns xogos sensoriais super chulos e entretidos. Nas bandexas tuff xogamos con pasta con formas de medo, con espaguetis noxentos de cor laranxa e con arroz de cores, dentro metimos moitos bichos repugnantes. 

Ah!!!, tamén fixemos unhas riquísimas galletas de cabaza..



Pasámolo de medo!!!

































Ata a próxima....

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES