Ola de novo.
durante a derradeira semana de outubro, celebramos o Samaín. Na casa decoramos cabazas e así quedounos un cole moi terrorífico. Tamén decoramos unha cabaza na nosa clase e os maiores levárona ao Mercado do Calvario.
O día 31 fomos disfrazados e tivemos unha merendola de medo cos nosos compis de 3 anos A.
Comimos bocadiños de pantasmas, cabazas e momias, dedos sangrantes e saudables pantasmas de plátano. Tamén disfrutamos duns xogos sensoriais super chulos e entretidos. Nas bandexas tuff xogamos con pasta con formas de medo, con espaguetis noxentos de cor laranxa e con arroz de cores, dentro metimos moitos bichos repugnantes.
Ah!!!, tamén fixemos unhas riquísimas galletas de cabaza..
Pasámolo de medo!!!
Ata a próxima....
Comentarios
Publicar un comentario