Powered By Blogger

COMEZAMOS A NOSA NOVA VIAXE

Comezamos novo curso, novas caras, novas aventuras .....desta vez somos "os parrulos".

A través deste blog tentarei tervos ao día do que facemos na nosa aula, do que traballamos e aprendemos, da música, cancións e videos, os xogos virtuais que vou preparando para cada proxecto, robótica, das actividades e mesas sensoriais, manualidades, obradoiros, acontecementos e celebracións propias da aula como aniversarios, das do cole como o Samaín, o magosto, o nadal .....

Na páxina principal do blog, na parte dereita están todas as páxinas do blog: 1: videos, música e cancións, 2: xogos......que podedes ver na casa para complementar o traballo da aula e xogar cos vosos fillos-as.



Este curso 2023-2024 está adicado ás viaxes: 

"Pombaleiros-as polo mundo", así que..... comezamos. 

Como podedes ver, viaxaremos en avión, na nosa propia aerolínea: "aerolínea os parrulos"


Pero, antes de nada, quero presentarvos aos parrulos, 6 nenas e 12 nenos:

Aarón, Alejandro, Artai, Carla, Carlos, Ciara, Daniel, Dylan, Jana, Lorenzo Rocha, Lorenzo Souza, Malik, Olivia, Rania, Uri, Vera, Vico e Vito.

Estaba desexando mostrarvos imaxes dos primeiros días da nosa aula, durante o período de adaptación.

Comezamos aprendendo rutinas básicas como ir ao baño, lavar as mans e secalas, colgar as mochilas na silla, colgar chaquetas no percheiro, poñer mandilón e empezar a abotoalo, coñecer os diferentes espacios e recunchos da aula e os materiais, xogos e xoguetes e a recoller ao rematar gardando cada cousa no seu lugar. Tamén coñecimos aos compis e empezamos a relacionarnos e, sobre todo, xogamos moito.








Tamén comezamos a facer algunha actividade individual de mesa, unha das primeiras foi pintar con témpera libremente cos dedos e logo con pinceis grosos.














E durante o mes de setembro tamén puidemos disfrutar do sol no areeiro, onde corrían, facían figuras coa area, xogaban nos tobogáns e compartían momentos cos compis de 3 anos A.




















Tamén fixemos os primeiros traballiños e manualidades sobre o outono. Manipulamos e xogamos con froitos secos e follas secas. Logo partimos algunhas das follas en anaquiños e pegámolas nunha árbore. Usamos pegamentos por primeira vez. 











Tamén coñecimos e xogamos coas regletas de cuisinaire, de momento para familiarizarnos con elas xogando libremente, individualmente e cos compis.

























Isto é todo por hoxe. Vémonos pronto con moitas máis cousas. Unha aperta













































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES