Durante todo o trimestre deseñamos, debuxamos e pintamos un gran mural...ao noso estilo surrealista.
Tamén estamos a traballar diferentes pintores, correntes, estilos, materiais e técnicas pictóricas.
O noso mural fixémolo con pinceis de distintos grosores e durezas e con témpera líquida.
Pensamos que nos quedou increíble, moi corido e co noso propio estilo...o de todos e todas.
Xulgade por vos mesmos...a ver que vos parece. A ver se conseguimos que sexa un Van Gogh, un Picasso...
O máis importante é que o fixemos nós e que disfrutamos moito facendo día a día a nosa gran Obra.
Ah, aceptamos propostas de títulos para a nosa creación.
Comentarios
Publicar un comentario