Martes, 5 de outubro de 2021.
Continuamos coñecendo o noso corpo. Nesta ocasión estivemos a medirnos. Pedimos aos profes de Educación Física o seu medidor, que está xenial e mide de marabilla. Primeiro fixémolo na nosa xirafa medidora. A profe marcou unha liña na xirafa e despois puxemos o noso nome na marca. Logo encima do medidor de verdade e apuntamos a nosa medida en centímetros. Comparamos as medidas coas de 3 e de 4 anos, e vimos todo o que crecimos nestes 2 anos.
Outro día comprobaremos o noso peso e o noso perímetro craneal.
que rapazada tan alta !!!!! guauuu ...
ResponderEliminar