Xoves, 3 de marzo de 2022
Hoxe toca mostrarvos o proceso e o resultado do enorme barco pirata que fixemos na clase para o proxecto "mundo pirata" que estamos a desenvolver este segundo trimestre. Encantounos facelo.
A partir dunha estructura feita de cartón fomos poñendo detalliños: anaquiños de madeira de cestiñas de froita cubrindo toda a superficie, escaleiriñas de cartón, ollos de boi con círculos da cartón, salvavidas de pasta de modelar e cordel...logo pintámolo de marrón e montamos os paus (varas de cana de bambú) e as velas con anacos de teas. Este é un video do proceso.
Aprendimos moitas partes dos barcos: o casco, as velas, os paus, o timón, a cofa, a proa e a popa, bandeira, botes salvavidas, mascarón de proa, ancla...
Tamén aprendimos algúns dos postos ou traballos que ocupaban os piratas nun barco: capitán, contramestre, oficial de derrota, médico, carpinteiro, cociñeiro, músico, mariñeiros, armeiros, timonel, vixía...
E, cada un no seu posto:
a vixía Emma, a timonel Nayeli, a música Nora, a cociñeira Uxía, a médico Thaila, a artilleira Miriam (canón), o oficial de derrota Damián (brúxula, mapas, cartas de navegación), a contramestre María, a carpinteira Catrina (a Mcguiver do barco), a limpacubertas Sara coa súa mascota o loro, e os piratas-mariñeiros Alicia,Enzo, Ángel, Felipe, Ana e Valeris como espadachines, Bruno co trabuco e, como capitana do barco, a profe (pata de pau). E, como mascota, o noso moniño Mopita.
Comentarios
Publicar un comentario