EMPEZAMOS NO HORTO DO COLE

 Mércores, 2 de marzo de 2022

A semana pasada, aproveitando un día bo, empezamos coas nosas primeiras plantacións no horto do cole.

Nesta ocasión plantamos leitugas verdes e moradas, amorodos, brócolis e porros. Ao longo do mes de marzo poremos algunha verduriña máis como tomates e remolachas.

A partir de agora teremos que coidar as pequenas plantiñas para que crezan moito e den pronto moitos froitos. 


























Comentarios