Powered By Blogger

  Ola  de  novo. Hoxe é venres 15 de xaneiro de 2021.

Empezamos novo ano e novo trimestre con moita ilusión e novos proxectos.

Queríamos facer algo sobre  animais de película, polo tema de cine da biblioteca. O pasado trimestre  coñecimos aos simpáticos e extravagantes Minions e a Gru, o seu vilán favorito....pero, a que non sabedes quen foi o primeiro vilán favorito dos Minions?. Pois un DINOSAURIO, un temido e enorme vilán chamado Tiranosaurio Rex. Mirade, mirade para aprender.



Gustouvos? A nós encantounos e queremos saber máis, moito máis sobre os dinosaurios, eses míticos animais que saen en tantas películas como "Parque Jurásico" ou en debuxos animados como "En busca del valle encantado".
Pois xa comenzamos a xogar, a experimentar e a aprender. Preparamos na clase un recuncho (rincón) especial no que temos libros de dinosaurios e moitos dinosaurios de diferentes tamaños, especies e cores, un ovo xigante e varios ovos de diferentes tamaños. Iremos engadindo máis cousas pouco a pouco. Tamén estamos a empezar un gran mural no que iremos plasmando todo o que vamos aprendendo e experimentando e as palabras  novas que estamos a coñecer. Ah!!!, xa me olvidaba...tamén temos pegadas de dinosaurio no noso porche.

_  A palabra DINOSAURIO ven do grego e significa 
                         
                     LAGARTO TERRIBLE

_ Os Dinosaurios xa non existen, extinguíronse: sobre a terra caiu un gran asteroide de lume que provocou incendios. O fume foi tapando o sol e a terra empezou a quedar oscura e fría. Houbo terremotos e moitos volcáns espertaron. Algúns dinosaurios morreron pronto, pero outros pouco a pouco, pois non tiñan nada que comer.....ata que chegou o momento en que non quedou ningún....salvo algúns animais que non eran dinosaurios e conseguiron sobrevivir e, que aínda viven hoxe...pero ésto queda para máis adiante.

Hoxe  aprendimos algunhas cousiñas sobre a extinción dos dinosaurios: fixemos unha ficha explicativa sobre o asteroide que caiu sobre a terra e falamos dos volcáns: son unhas montañas especiais, que cando erupcionan expulsan un líquido moi quente que queima todo ao seu paso: a  LAVA  

Para entendelo mellor, fixemos un experimento, no que contamos coa axuda da profe Estela, que estará na nosa clase durante algúns días, aprendendo e axudándonos un montón. Prestounos para o experimento un bonito volcán feito por éla. 
Para o experimento empregamos os seguintes materiais, por si queredes facelo na casa:

_ Volcán feito con materiais de refugallo
_ Vinagre
_ Témpera vermella e amarela, para facer a cor laranxa
_ Bicarbonato sódico


Agora  as  fotos  e  un  video do proceso.


























        Agora  o video....veredes a emoción dos nenos-as cando empeza a expulsar a lava....





As  palabras novas que estamos a aprender son:

             
DINOSAURIO

       
https://www.freepik.es/



                                        
                    ASTEROIDE

https://www.freepik.es/
                    

                VOLCÁN     LAVA

https://es.123rf.com


Tamén acabo de publicar en "Xogos e cancións" 2 cancións moi chulas en inglés que estamos a aprender na clase.
Pois  xa rematamos por hoxe...seguiremos con máis actividades, experimentos e aventuras. Espero que vos gustara e que aprenderades un montón.
Como sempre un bicazo  e unha aperta enorme.




                    

2 comentarios:

  1. Que chuli Golfiños e Golfiñas!!!!!! Vuestro compi Nayat os echa mucho de menos a tod@s y todos los días se acuerda de vosotros. Un bico enorme para tod@s.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Nayat. Nosotros también te echamos de menos. Mucha suerte. Un beso enorme

      Eliminar

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES