Ola de novo.
Hoxe é venres, 29 de xaneiro de 2021.
Mañá, 30 de xaneiro, é o Día da Paz e a non violencia, por íso, durante esta semana estivemos a facer cousiñas relacionadas coa Paz, pero a nivel de clase polo tema da Covid. Falamos da Paz, de levarnos ben e de non pelexar, pero, sobre todo de esperanza no futuro. Escoitamos unha canción moi bonita de Diego Torres, "color esperanza", que xa ten varios anos, pero que neste momento ven que "nin pintada" coa incertidume que estamos a vivir por culpa deste maldito virus. Déixovos aquí o enlace da canción:
Fixemos algunhas manualidades: uns banderíns de cores coa man de cada neno-a estampada en branco e escribimos un lema
"Eu son de Paz" e que colgamos nas ventás da nosa clase. Tamén fixemos unhas pombiñas branquiñas con pratos de cartón e blondas... quedaron chulísimas e cada neno-a levounos para a casa.
Ah!!!!... non olvidedes votar polas portas gañadoras do concurso da biblioteca. A ver se conseguimos algún premio.
Comentarios
Publicar un comentario