Hola de novo, familias. Volvemos co blog, aínda que espero non ter que usalo moito, significaría que estamos en clase, non confinados na casa. Este curso, máis ca nunca, desexo que nos vexamos máis a miúdo e que máis pronto que tarde poidamos abrazarnos de novo e volver á bendita rutina antiga.
Un bico enorme para todos e feliz curso. Vémonos mañá na nosa clase.
Déixovos este resumo das normas e materiais básicos para a nosa aula.
RESUMO
NORMAS BÁSICAS
(4 anos B)
_ MÁSCARA: traerán
máscara posta da
casa. Tentaremos que a leven
posta o maior tempo
posible. Segundo o protocolo que firmastes o día da reunión, comprometédesvos a medir a temperatura
aos vosos fillos-as tódalas mañás
antes de vir ao cole e, no caso de ter
febre (37,5 º) ou síntomas
compatibles coa covid, non
mandalos e poñervos en contacto
co seu pediatra.
_ MOCHILA PEQUENA (SEN RODAS)
CO
SEGUINTE MATERIAL:
1. bolsiña de kit covid: 2 bolsiñas
de máscaras,
unha baleira para a
máscara que levan posta (para gardala ao comer) e outra con unha máscara de reposto. Un, paquete
de panos de papel. Un paquetiño de toalliñas
húmidas hixienizantes. Unha botella pequena de auga
(preferible con tapón tipo “pet”,
non de
rosca). Os pequenos NON traerán
xel
2.
bolsa ou tupper
coa merenda: merendas aconselladas
coma no curso pasado. Pouca cantidade.
Penso que a
botella de auga
pode ir nesta bolsa de merenda.
3.
Axenda-libreta:
comprarémola as
profes e, cando a teñamos meterémola
na mochila con toda a información
(merendas diarias, normas básicas, datos
do cole, conta corrente do curso….)
_ MANDILÓN: virán co mandilón
posto da casa e levarano
a diario tamén vestido para
a casa para que sexa debidamente hixienizado. Recomendo
que teñades 2 mandilóns e que traian un cada día (por exemplo: luns o 1, martes o 2, mércores o 1,
xoves o 2…..)
_ MATERIAL INDIVIDUAL: cada neno-a terá unha caixiña que decorará e na que gardará todo o seu material: ceras, rotuladores, plastilina, material de contar, xoguete. Todo o material e xogos serán desinfectados a diario (haberá moi poucos xoguetes e fáciles de limpar para que este proceso sexa o máis eficaz posible)
_ ANIVERSARIOS (CUMPREANOS):
non haberá tarta
de cumpreanos. Quen queira traer algo para convidar
aos amigos-as poderá
traer unhas poucas
chuches en bolsiñas
individuais (unha por neno),
que lles meterei
na mochila.Comprarei unha
torta de “mentira”
para que sopren
as velas e
faremos unha coroa, como ata
agora.
_ As normas
básicas de funcionamento
do cole veñen
reflexadas no tríptico que
se vos entregou
o día da
reunión; lédeas con
atención e cumpride
as normas pola
seguridade de todos-as. Lembrade
traer cuberto o documento coas persoas autorizadas a
recoller aos vosos fillos.
_ Horario a partir do luns 14: entraremos de
9:05 a 9:15 (marxe), pero eu prefiro
poñer unha hora fixa (9:05) e
sairemos ás 13:30.
Os que teñan irmáns
maiores que saian máis tarde
quedarán na clase
ata esa hora.
De momento non hai comedor, pero no caso
de que empezara, os de infantil
baixarían un pouco antes
das 13:30 para comer no primeiro turno.
Comentarios
Publicar un comentario