Hola de novo. Hoxe é venres, 11 de setembro de 2020 e.......empezamos o cole!!!!!
Hoxe imos aprender todo o que temos que facer no cole, tamén vale para outros sitios nos que poidamos estar, para vencer entre todos ao coronavirus e estar moi seguros e moi sans. Entre todos podemos facelo xenial, e, ademais de coidarnos a nós mesmos, tamén coidaremos dos nosos amigos e amigas, das profes, de mamá e de papá, dos avós e das avoas e, de todo o mundo.
Ah, teño que dicir que eu hoxe, primeiro día de cole, estaba moi nervosa e tiña medo de facer as cousas regular ou non moi ben, pero levei unha alegría enorme, pois todos fixéstelo de marabilla.....vós si que sodes superherois e uns campións. Estou suuuuuuuuper orgullosa de todos. Merecedes unha ola.
Comentarios
Publicar un comentario